Nota informativa sobre o proxecto de orde de convocatoria de procesos selectivos

Procesos selectivos

CSI•F denuncia indicios racionais de irregularidades na elaboración dos temarios de Gardacostas

1.- Proxecto de Orde polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración Especial da Xunta de Galicia, Subgrupo C1, Escala de Axentes do Servizo de Gardacostas.

Sistema selectivo: A Consellería de Facenda impón a OPOSICIÓN como sistema de selección, tanto para acceso libre como para a quenda de Promoción Interna. Hai que recordar que o último proceso selectivo para este Corpo foi no ano 2004, polo que, dende entón, hai funcionarios interinos que levan 12 anos prestando servizos en espera de que se convoque este proceso. Unha vez máis a Consellería de Facenda amosa novamente o seu desprezo polo seus funcionarios sen ter en consideración o tempo e esforzo dedicado á Administración durante todo este tempo.

Modificacións admitiras con respecto ao primeiro borrador:

  • Na Base I.2.2.3, respecto á titulación incluirase un inciso de xeito que onde di “estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharel ou técnico” incluirase a referencia á Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen as equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (…), para maior claridade. Solicitamos que se faga un resumo o mención expresa ás ditas equivalencias.
  • No que respecta ás probas físicas, a primeira de elas, a subida a escala de vento, engadirase un tempo diferenciado para homes (60 segundos) e para mulleres (90 segundos), ao igual que no resto das probas físicas.
  • Polo que respecta as ditas probas físicas, será o tribunal o que realice coa convocatoria das mesmas as especificacións necesarias respecto do lugar de realización das probas (interior ou exterior) e máis a organización das quendas ou chamamentos.
  • Na Base I.2.2.7, no que respecta á capacidade funcional, engadirase que esta sexa “concordante cos superación do recoñecemento médico para embarque”.

A vista do resultado desta reunión previa á Mesa Xeral de Negociación CSI•F está en disposición de anunciar que o seu voto en contra se a Consellería de Facenda mantén o Concurso como sistema selectivo.

Indicios racionais de irregularidades na elaboración dos temarios:

CSI•F pon en coñecemento da DXFP de que ten sospeitas fundadas de que o temario da parte específica desta convocatoria –cos mesmos epígrafes- estase a impartir dende fai máis dun ano nun centro privad de formación; centro de formación que está a preparar opositores para este mesmo proceso selectivo.

Sen entrar polo momento en valoracións e calificación da gravidade deste feito se chega a constatarse , dende CSI•F solicitamos á DXFP que faga as indagacións pertinentes e, de ser certa a denuncia de CSI•F, retire de inmediato este temario e que sexa substituído por outro totalmente diferente a fin de cumprir co principio de igualdade de oportunidades de todos os opositores. Noutro caso será CSI•F que adopte as medidas necesarias para que tal principio non sexa conculcado e que todos os aspirantes teñan as mesmas oportunidades.

2.- Proxecto de Orde polo que se convocan os procesos selectivos para o ingreso no Corpo Superior e Corpo de Xestión de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupos A1 e A2, Escalas Superior e Técnica de Finanzas:

As prazas correspondentes ao subgrupo A1 corresponden á OPE de 2013 e polo tanto, é necesario convocala, ao máis tardar, no mes de decembro a fin de evitar que a oferta.

Sistema selectivo: A Consellería de Facenda segue a amosar o seu desprezo aos seus funcionarios, tanto de carreira como interinos. Unha vez máis, e a pesar das alegacións de CSI•F, empecínase a utilizar como sistema selectivo o da OPOSICIÓN e non o de Concurso-Oposición. Incluso mantén a OPOSICIÓN para para a quenda de Promoción Interna.

Promoción Interna: CSI•F insistiu na necesidade de eliminación de temarios, así como no aumento dos tempos para a realización dos exercicios tipo text. A DXFP manteñen a súa reticencia, aínda que se comprometeron a estudar esta petición.

Tipo de probas: CSI•F solicita que todas as probas do proceso selectivo sexan tipo test, e que se elimine o exame oral. Todo elo á vista das recorrentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como do Tribunal Supremo onde expresamente se afirma a existencia de arbitrariedade por parte dos tribunais de selección tanto na corrección dos exames escritos como na valoración dos exames orais.

Dende CSI•F tamén puxemos de manifesto a falta de equilibrio no que atinxe no número de temas entre ambos subgrupos. Unha vez máis a DXFP incumpre os seus compromisos dados nas Mesas de Negociación no senso de que todos os subgrupos profesionais terían temarios parellos no seu contido a fin de posibilitar que os aspirantes puideran presentarse a varios deles.

Ao marxe das posibles modificacións que puidera haber nestes proxectos de convocatorias antes da súa aprobación na Comisión de Persoal, CSI•F xa anuncia o seu voto en contra se se mantén como sistema selectivo a oposición.