O 20 de xaneiro celebrouse unha reunión das Organización Sindicais e Función Pública en relación co proceso selectivo de Veterinarios, que se desenvolveu da seguinte forma:1.- Primeiramente manifestou a representante da Administración que era unha toma de contacto, e que fará unha nova proposta, para de seguido ter unha nova reunión.
Informou que a idea que tiñan era publicar a convocatoria no mes de febreiro, e que se incluirían as prazas das OPEs de 2008 e 2015, e decir, en total 55 prazas.
2.- Todas as organizacións sindicais expuxeron e reafirmáronse nas alegacións presentadas, e informouse da existencia de novos recursos contra o proceso da anterior oposición que poderían afectar ao desenvolvemento do presente.
3.- O representante da Administración tomou nota de todos os puntos de cara a próxima reunión.
Outros temas que se consultaron:
-Do proceso de Gardacostas, informou que se facilitará o exame as mulleres embarazadas.
-No proceso de Biólogos e Químicos, esperan publicar as listas privisonais no mes de febreiro.
-E nos procesos de discapacitados intelectuais (Ordenanzas), teñen previsión de que os exames sexan antes do verán.