Reinicio da actividade laboral dos fixos descontinuos de Medio Rural o 1 de marzo

NEWSA Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural acaba de anunciar que, de acordo coas necesidades de programación e planificación, e en concreto en función das circunstancias climatolóxicas concretas, solicitou á Secretaría Xeral Técnica desta consellería que os/as traballadores/as que ocupan postos de duración fixo-descontinua (9 meses) reinicien a súa actividade laboral o vindeiro día 1 de marzo de 2017.

Así, indícannos que por parte de esa Secretaría Xeral Técnica e as xefatura territoriais de cada provincia realizarán os trámites adecuados para que a incorporación se produza nesa data.