CSIF, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), co Centro de Estudos de Seguridade da USC (CESEG) e a Asociación Internacional de Policía (IPA),convoca a xornada formativa ‘Terrorismo xihadista: análise e risco’ co fin de facilitar unha visión completa sobre este tipo de terrorismo desde a súa orixe, evolución e situación actual. A convocatoria sae hoxe publicada no DOG.
A xornada gratuíta, destinada a persoal da Policía local, Policia Nacional, Garda Civil e Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia, así como a persoal da carreira xudicial, fiscal e letrados da Administración de Xustiza e persoal de institucións penais, tamén ofrecerá orientacións básicas sobre medidas de autoprotección e formas de proceder e fomentar a prevención activa
Temas que se abordarán:
- Riscos e ameazas para a seguridade en España.
- Evolución recente do DAESH.
- Aplicación dun protocolo antixihadista: experiencias desde a formación.
- Análise do terrorismo islámico desde a perspectiva histórica.
- O xihadismo como ameaza de Occidente: protocolos de seguridade, ameaza en espazos públicos e con grandes aglomeracións, análises dos últimos atentados e a figura do lobo solitario.
- Resposta xudicial ao terrorismo.
- O papel das mulleres europeas na xihad global.
- Ciberespionaxe: tratamento da ameaza.
- Explotación das capacidades de intelixencia na loita contra o terrorismo xihadista.
- O papel das forzas e corpos de seguridade ante o terrorismo xihadista.
O persoal que desexe participar no curso deberá cubrir antes do 21 de abril o formulario de matrícula telemática na web da AGASP. Na mesma páxina se publicarán as solicitudes de participación seleccionadas.
Convocatoria do curso:
-
Lugar: AGASP
-
Datas: 26 e 27 de abril de 2017.
-
Horario: das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas.
Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten á súa asistencia continuada a esta e superen as correspondentes probas de coñecementos.
A xornada enmárcase na formación continua da CSIF sobre terrorismo xihadista co obxectivo de dar resposta ás demandas dos Corpos e Forzas de Seguridade por adquirir coñecementos e obter información actualizada nun dos temas de maior preocupación.