Acreditación de UCs do CS de Xestión forestal e do medio natural

NOTA INFORMATIVA AXENTES FORESTAIS /MEDIOAMBIENTAIS,

Acreditación de UCs do CS de Xestión forestal e do medio natural.

Convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídasno CS de Xestión forestal e do medio natural, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

Para proceder ao seu desenvolvemento, esta convocatoria publícase con data 27 de abril de 2017 mediante a Resolución do 26 de abril de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Coa publicación desta convocatoria no portal de formación profesional ábrese o prazo de presentación de solicitudes ata o día 11 de maio de 2017.

A convocatoria será publicada integramente no portal de formación profesional na seguinte dirección:

http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion-ucs-cs-xestion-forestal-medio-natural

A convocatoria ten como destinatarias as persoas integrantes das escalas de axentes facultativos ambientais do corpo de axudantes de carácter facultativo e dos axentes forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico, que contan cos requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior, recollidas no anexo do referido acordo.

O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP):

As unidades de competencia obxecto desta convocatoria son as relaciondas co título de técnico superior en Xestión Forestal e do Medio Natural:

Requisitos de participación no procedemento:

-Posuír a nacionalidade española; atoparse incluido como residente comunitario ou familiar de este, no ámbito da aplicación do RD 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

-Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de competencia de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.

-Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

  • No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidade competencia de nivel I, xustificarán cando menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
  • No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.

-As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán estar en posesión dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s competencia que solicita. Así mesmo, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración u organismo público, conducente a acreditación das mesmas unidades de competencia. Para todo isto, presentarán declaración responsable, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución de convocatoria.

A xustificación da experiencia laboral farase cos seguintes documentos:

  • Para traballadores e traballadoras asalariados.
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación (vida laboral).
  • Contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirise a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o período en que se realizase a devandita actividade. De ser o caso, a certificación da empresa deberá xerarse dende a aplicación informática.

Xustificación da formación.

Para as competencias profesionais adquiridas a través de vías non formais de formación, a xustificación realizarase mediante documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretenda acreditar.

En cada certificado achegado deberán constar os contidos e as horas de formación, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación. No caso de ter realizados estudos parciais para a obtención dun título oficial ou certificado de profesionalidade pertencente a plans de formación extinguidos, débese presentar o correspondente certificado expedido polo centro oficial responsable.

Presentación de solicitudes e inscrición.

  1. As solicitudes deberán presentarse en papel na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procedemento.

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. A solicitude conforme ao modelo que figura como anexo III desta orde, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, xunto coa documentación indicada na solicitude. Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo alegados e dos requisitos de participación no procedemento segundo o establecido nos artigos 6 e 7 desta orde cargaránse tamén na dita aplicación informática. En caso de enviarse por correo, o envío da solicitude, deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia compulsada da documentación que se precise.

De non presentar a solicitude e documentación consonte o establecido anteriormente, as solicitudes serán excluídas do proceso de admisión.

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI/NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

  • Certificado acreditativo da discapacidade no caso de non ser emitido pola Xunta ou de denegar expresamente a súa consulta, no caso de solicitar algunha adaptación ou a exención das taxas.

  • Curriculum vitae europeo en formato oficial. Poderase xerar dende a aplicación cós datos incorporados nas pestanas de formación, experiencia e historial profesional e formativo.

  • Copia dos certificados que acrediten a formación alegada, nos que consten os contidos e as horas de formación e o organismo que a acredita.

Solicitantes que reúnan os requisitos pola vía da experieriencia laboral e adquiran as competencias como traballadores e traballadoras asalariados.

  • Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña, ou da mutualidade laboral na que se teña afiliación, onde consten a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación (informe de vida laboral).
  • Copia dos contratos de traballo.
  • Certificado da empresa no que se adquirira a experiencia laboral, no que especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo na que se teña realizado a dita actividade segundo modelo de anexo V.

A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.

Cada participante cubrirá unha única solicitude.

As listaxes de persoas solicitantes e de aquelas que necesitan emendar documentación serán publicadas no portal educativo da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa http://www.edu.xunta.es/fp, no prazomáximo de 10 días dende o remate da presentación de solicitudes e terá efectos de notificación ás persoas interesadas. Tamén serán publicadas na páxina de inicio da aplicación informática. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán consultar a súa situación accedendo ao seu expediente na aplicación informática.

Os solicitantes contarán cun prazo de 2 días hábiles contados dende o seguinte ao de publicación das listaxes de solicitantes para a subsanación do defecto ou omisión na documentación entregada. As subsanacións presentaranse no mesmo lugar e na mesma forma que as solicitudes.

As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para cada unidade de competencia publicaranse a partir do 1 de xuño de 2017, con indicación da causa de exclusión de ser o caso, nos lugares indicados anteriormente e cos mesmos efectos de notificación.

Os candidatos admitidos estarán en disposición de pasar ás fases de asesoramento e avaliación.

Fases do procedemento.

A instrución do procedemento desenvolverase nas seguintes fases:

  1. Asesoramento.
  2. Avaliación da competencia profesional.
  3. Acreditación e rexistro da competencia profesional.