O acordo da segunda actividade no SPDCIF non garante a cobertura do 100% das prazas

Non obriga a chamar polas listas de contratación a tantos interinos como persoal acollido a segunda actividade.

En todo o acordo de aplicación da segunda actividade do Servizo de Prevencióne Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) , REXEITADO POLA CSIF, só un paragrafo fala das coberturas das prazas vacantes xeradas polo pase do persoal á segunda actividade.

“ACORDO DE APLICACIÓN DA SEGUNDA ACTIVIDADE NO SPDCIF. 
O posto deixado vacante polo empregado que pase a segunda actividade será obxecto de cobertura regulamentaria consonte o establecido no convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta”

Esta redacción ao único que obriga á Xunta de Galicia é a proceder a cobertura ‘REGULAMENTARIA’ da praza deixada vacante polo traballador que pasa á segunda actividade. E dicir, coa simple cobertura por adscrición ou traballo de superior categoría xa se cumpriría có acordo.

A CSIF dende o principio das negociación defendeu que o acordo reflexara de forma inequívoca que a Xunta comprometíase a cobertura “NETA” do 100% das prazas, e dicir, que si a praza vacante se cubría de forma regulamentaria por adscrición ou cambio de categoría, a Xunta víase obrigada a dar cobertura a praza de orixe do adxudicatario de dita vacante (que se chame por listas a tantos interinos como persoal acollido a segunda actividade)

É certo que existe o compromiso “VERBAL” de facelo, pero este é un acordo que ten que perdurar no tempo, e independentemente de que cumpran algún ano coa súa palabra, a CSIF non pode fiar un pacto á confianza ou desconfianza na palabra dun cargo político. Os acordos deben constar por escrito. E aínda así…

“O coñecemento se adquire lendo a letra pequena dun contrato; a experiencia, non léndoa”, Francis Bacon