ANTE AS INFORMACIÓNS CHEGADAS A CSIF ACERCA DE QUE:
1.-A Comisión Paritaria ven de propor adxudicar postos de traballo do SPDCIF a traballadores declarados en situación de incapacidade permanente total, conforme o artigo 7 do Convenio Colectivo. Lembramos que CSIF non forma parte de esa Comisión Paritaria por non asinar o Convenio.
2.-Conforme ditas informacións, os postos propostos son das categorías profesionais de emisoristas e vixilantes fixos, e se corresponden con postos fixos descontinuos de 9 e 3 meses.
3.-Tamén segundo ditas informacións, hai prazas afectadas polo menos nas provincias de Lugo e de Pontevedra.
4.-Asemade, parece que ditos postos de traballo están, todos ou parte, a ser ocupados por persoal laboral temporal, o que suporía o despedimento de ditos traballadores.
5.-Nas distintas Consellerías da Xunta de Galicia, tamén na de Medio Rural, existen numerosas vacantes puras (vacantes sen ocupar) que deben ser adxudicadas antes cás prazas ocupadas por persoal temporal do SPDCIF.
6.-Ademais, destacamos que SPDCIF é un servizo de emerxencias no que é necesaria a máxima profesionalidade e experiencia nas súas distintas categorías.
ESIXIMOS:
Que se confirme ou desminta a citada información e, de confirmarse, que Función Pública e a Consellería do Medio Rural desistan da súas intencións e non oferten postos do SPDCIF, e menos aínda postos ocupados por persoal temporal que aínda non tivo a oportunidade de estabilizar os seus postos de traballo.