Publicada no DOG a promoción interna sen acceso libre no SPDCIF

  • O prazo para presentar as solicitudes remata o 16 de outubro.
  • CSIF votou en contra destas convocatorias pola ausencia do acceso libre, o que incumpre os acordos alcanzados.

O Diario Oficial de Galicia recolle no día de hoxe as convocatorias de promoción interna para diversas categorías do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (SPDCIF). Poderá participar o PERSOAL LABORAL FIXO que posúa dous anos de antigüidade na Xunta de Galicia na categoría desde a que se accede, e cumpra co resto de requisitos.

En concreto se convocan as bases da promoción interna para 30 prazas de Bombeiro Forestal Condutor de Motobomba, 22 prazas de Bombeiro Forestal Condutor, 22 prazas de Bombeiro Forestal, 10 prazas de Emisorista e 10 prazas de Vixilante Fixo. 94 prazas en total.

As persoas que desexen participar nos procesos selectivos deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado na internet, e deberán aboar as correspondentes taxas.

O prazo para presentar solicitudes será de vinte días naturais a contar a partir do día seguinte á publicación no DOG (ate o luns 16 de outubro).

Recordamos que CSIF votou en contra destas convocatorias pola ausencia do acceso libre, o que consideramos un vergonzoso incumprimento dos acordos asinados.