Sen avances na uniformidade nin nas identificacións dos axentes medioambientais

Reunión (20 setembro 2017) da CSIF e do resto de organizacións sindicais coa Consellería de Medio Rural, que centrouse nos seguintes temas:

  • Orde de uniformidade.
  • Novas identificacións dos Axentes Medioambientais e nova identificación dos vehículos.

En canto ao deseño da roupa, os emblemas que identificarán ao colectivo de Axentes Medioambientais e a cor e os emblemas dos novos vehículos, as organizacións sindicais quedamos á espera da contestación da Consellería as nosas propostas. Desde CSIF advírtese que non é só unha cuestión de vontade política que esto saia para diante porque de non ser así non entrarían nos orzamentos do vindeiro ano e, polo tanto, quedaríamos un ano mais sen roupa.

No que se refire aos vehículos, infórmasenos de que se está á espera dunha autorización da Dirección Xeral de Trafico para poder incorporar luces rotativas azuis nos coches.

A pesar de que a petición de uniformes é para todo o colectivo de axentes de todas as consellerías, cada unha asumirá o gasto do seu persoal. Nembargantes, temos o compromiso da  Secretaria Xeral de Medio Ambiente de que aceptará calqueira acordo alcanzado con otras consellerías.

Ademais, nunha conversa mantida tamén o día 20 con Tomás Fernandez-Couto, Director Xeral de Ordenación Forestal, comprometeuse a darlle saída a todo o tema da uniformidade tendo unha xuntanza connosco para a semana vindeira, así como a iniciar o proceso para a aprobación do Regulamento das Escalas dos Axentes, ao pagamento da subida das gardas de incendios e a comezar as negociacións para un novo acordo laboral xa que o actual leva caducado dez anos.

Lamentablemente temos que ser escépticos porque, de momento, tan só temos boas palabras.