Novas de Función Pública na Comisión de Persoal

Durante a Comisión de Persoal de hoxe (29/11/2017), a Dirección Xeral de Función Pública informounos de que:

  • Existe a posibilidade de que por vía transaccional na tramitación da Lei de Orzamentos, se introduza dentro da Escala de Bombeiros Forestais a especialidade de Bombeiro Condutor Motobomba.

  • A intención da Administración é a de acumular as prazas (tanto de libre como de Promoción interna) das OEP do 2015, 2016 e 2017 en convocatorias unificadas. A promoción interna separada ascendería a un total de 360 prazas e efectuaríase por concurso oposición.

  • Transmítese o propósito de convocar as OO.SS. para que no mes de decembro as Comisións de Seguimento do Acordo de Estabilidade empecen a computar as prazas afectadas, para o cal nese mes se enviará un primeiro listado desde a Administración.

  • Así mesmo, manifesta a previsión por parte da Xunta que na OEP do 2018 se inclúan polo menos menos o 40% das ditas prazas do plan de Estabilización.

  • Igualmente se traslada que nos próximos días constituirase un Grupo de Traballo para determinar as prazas de persoal laboral que teñan que ser obxecto de funcionarización e a posterior tramitación do conseguinte Decreto coa intención de incluir ditas prazas na OEP 2018.