Alegacións da CSIF ás convocatorias de enxeñeiros e outras OPES 2015 y 2016

Efectúanse alegacións aos seguintes borradores de Ordes de Convocatorias de Procesos Selectivos, remitidos pola DXFP. (Consultade aquí ➡ os borradores)

  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo Superior, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros, Especialidade Enxeñaría de Camiños, canais e portos.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo Superior, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros, Especialidade Enxeñaría agronómica.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Superior da Administración Xeral, da Comunidade Autónoma de Galicia, Escala de Sistemas de Tecnoloxía e da Información.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo de Grao Medio, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros Técnicos, Especialidade Enxeñaría Técnica Agrícola.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo de Grao Medio, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros Técnicos, Especialidade Enxeñaría Técnica de Obras Públicas.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo de Grao Medio, de Administración Xeral, Escala de Subinspección Urbanística.
  • Orde pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso pola quenda de Acceso Libre na Categoría 001 (Camareiro/Limpiador. Axudante Cociña) do Grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

I.- Alegacións de carácter XENÉRICO

I.1. SOBRE O SISTEMAS SELECTIVO E TIPO DE PROBAS

1º .- O sistema de selección debe ser Concurso-Oposición, máxime ao na quenda de promoción interna e tamén ao ser convocatorias das que se fixo uso das listas de contratación temporal e que nalgúns casos non existe proceso selectivo dende hai moitos anos.

Entendese que o principio de mérito é un principio constitucional que debe terse en conta pola Administración, máxime tendo en conta a periodicidade das convocatorias que se están a convocar. A administración da Xunta segue a mostrar o seu desprezo polo persoal temporal que esta a formar para logo non ter en conta nunca dita formación como mérito nos procesos selectivos.

2º.- Solicitamos que todas as probas sexan tipo test ao fin de rematar coa falta de obxectividade e abuso da doutrina da discrecionalidade técnica que se esta a producir nesta Administración.

O exame test resulta o máis obxectivo e axeitado para determinar os coñecementos dos aspirantes. O seu uso esténdese dende probas MIR ou similares ata para acceder ás mais prestixiosas universidades do mundo, polo que non entendemos a negativa constante da Xunta en rexeitar dito tipo de proba.

Subsidiariamente solicitamos que:

Os exames de desenvolvemento e práctico sexan substituídos por Exames de Preguntas Curtas de resposta automática e valorizadada aritméticamente na convocatoria.

Como segunda petición subsidiaria, se solicita que, de persistir a Administración nos exames tipo desenvolvemento, os mesmos sexan situados como 1º Exercicio en lugar de último, sendo o exame tipo Test teórico o último exame a efectuar polos aspirantes. (coñecemento de lingua galega aparte), e con lectura.

I.2 TEMARIOS .

  1. Os test teóricos se efectuaran sobre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en Temas.
  2. Para o caso de persistir os exames tipo desenvolvemento, solicitamos novamente que ditos programas e Anexos sexan desenvolvidos mediante temarios elaborado e publicados pola EGAP con antelación suficiente (4-6 meses) ao inicio das probas, así como que estean actualizados.
  3. Os anexos deberán ser proporcionais no numero de temas en función dos grupos. Neste sentido cabe alegar que os temarios propostos carecen de racionalidade e sistemática e se limitan a ser unha mera colección ou compilación lexislativa, carente do mais mínimo rigor. Dito en “roman paladino” son un corta e pega de toda a lexislación que se le pode ocorrer a administración.

Dende o CSIF non podemos apoiar este tipo de temarios baseados unicamente nas probas memorísticas e que claramente contradixen toda a evolución que se esta a producir nos procesos de selección de persoal.

E aínda mais. O que non se pode pretender e que o aspirante coñeza toda a normativa en dous niveis de coñecemento. Para preparar o test (o que require un tipo de estudio polo miúdo da lexislación) e para preparar o exame de desenvolvemento que require un coñecemento da norma mais xeral.

Tal e como están deseñadas as probas se xe esta a exixir aos aspirantes que preparen a mesma materia dúas veces e mediante técnicas de estudo totalmente diferentes.

O que é un despropósito. Non se pode exixir un nivel de coñecemento de miles de artigos ao pe da letra e ao mesmo tempo esixir un control global da materia.

Así pois o temario debe ser estruturado de xeito que a materia que se estime que debe coñecerse polo miúdo (e dicir, con puntos e comas) debe ser esixida no tipo test e o resto da materia (a que require coñecementos globais) debe ser liberada do exame test xeral e esixida ou ben noutro test específico ou subsidiariamente no exame de preguntas curtas ou desenvolvemento.

Ao longo dos Anexos presentados pódense atopar tantos exemplos que se excusa a cita concreta dos mesmos.

Concluíndo, dende CSIF esiximos unha liberación de materia lexislativa básica no primeiro exame e concreción nos temarios no que respecta aos segundo e terceiros exercicios.

Polo que se refire ás normas de dereito positivo, fixarase como norma xeral que sexan esixibles aquelas que conten con publicación oficial na data de publicación da Convocatoria, para evitar que os cambos normativos de última hora afecten ou penalizen aos opositores e que estes podan dar por pechado o seu temario, con tempo suficiente para acometer o exercicio.

I.4 ALEGACIÓNS CONCRETAS AO TEXTOS COMÚNS DAS ORDES

 Na Base II.2 da texto da Base da Orde dos procesos do Corpo Superior e bases análogas solicitase a seguinte redacción

“O resultado final do proceso selectivo virá determinado pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da fase de oposición, tendo en conta o peso específico que cada un dos exercicios ostenta no proceso selectivo segundo o establecido na Base anteriores (cita da Base que corresponda) e con independencia do número de prazas convocadas.

Base III.7 Se propón engadir un punto segundo:

“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”

Base III.5. Engadir “o persoa que o substitúa”.

Base III.6: Engadir “Instrucións de 11 de abril do 2007, relativa ao funcionamento e actuación dos Tribunais”

ALEGACIÓNS ESPECIFICAS

Respecto as alegacións específicas, as mesmas se efectúan sen prexuízo do antedito para as alegacións xerais, de xeito que cando exista contradición entre o expresado entre as alegacións xerais ou específicas, estas últimas terán carácter subsidiario do alegado con carácter xenérico.

ENXEÑEIROS TÉCNICOS AGRÍCOLAS

Se se segue mantendo a realización do terceiro exercicio (desenvolvemento por escrito de 2 temas) será necesario aumentar o tempo máximo de duración deste exercicio (2 horas), pois se o comparamos co tempo que se propón no borrador da convocatoria de enxeñeiros Agrícolas (para desenvolver 1 tema dispoñen dun tempo máximo de 1,5 horas).

Proponse que se aumente o tempo máximo para desenvolver os 2 temas en 3 horas.

Proponse que se eliminen os seguintes temas:

Eliminar o Tema 2, tema 3, tema 4 e tema 49 por tratarse de temas especificamente estatísticos que varían moito no tempo e a memorización de datos estatísticos non aportan nada ao proceso nin ao traballo que se desenvolverá na administración.

Tema 7: Substitución da Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia derrogada na súa totalidade a excepción da disposición derradeira primeira pola LEI 6/2011.

Eliminar o Tema 8 debido a que existen escalas específicas como son os enxeñeiros de montes e os enxeñeiros técnicos forestais aos que si lles correspondería este tema.

Ademais no tema 5 hai un apartado sobre o “Análise dos distintos subsectores: agrícola, gandeiro e forestal” que é suficiente para que os aspirantes ao proceso selectivo de enxeñeiros agrónomos amosen os seus coñecementos sobre o sector forestal. En resumo, nos temas 4, 5 e 6 existe duplicidade dos contidos.

No Tema 9 substituír a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, pois está derrogada na súa totalidade a excepción da disposición derradeira primeira; pola Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

No Tema 15 substituír o Regulamento 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.

Tema 17: Eliminación, xa que se refire a tarefas que desenvolven os técnicos de medioambiente, forestais e montes no seu traballo. e ademais, duplícase contido xa incluído no tema 7 no punto: “Os cambios nos modelos de aproveitamento e usos do solo” con “Usos do solo: distribución, tendencias e problemática”

Tema 24: Eliminación da parte correspondente as industrias forestais por non ser competencia deste corpo.

No tema 26 nos apartados “A calidade regulamentada” e “As denominacións de calidade” solicitamos a relación das normativas europeas, estatais e autonómicas que queren que se estuden porque a gran cantidade de normas referentes a este tema dan para facer unha oposición aparte.

Eliminar o Tema 29, tema 35, tema 59 e tema 60 por tratarse de temas específicos que desenvolven os técnicos de medioambiente no seu traballo.

Tema 30: Acoutar o contido da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia aos ámbitos agrarios e eliminar o epígrafe “Normativa urbanística aplicable” por entender que xa está incluído no primeiro epígrafe.

Solicitamos a eliminación dos temas 32 e 33 por seren ao igual que os temas 2 e 3 duplicados e transversais a toda a normativa do medio rural e polo tanto transversais a todo o contido do temario e se non a aclaración da normativa na que se basean porque a normativa europea, estatal e autonómica é inmensa.

No Tema 42, solicitase a eliminación por tratarse dun tema específico que desenvolven os veterinarios no seu traballo.

No Tema 57 acoutar o contido da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia aos ámbitos agrarios.

Propónse eliminar os seguintes epígrafes dos temas que se indican a continuación:

  • O epígrafe “O prezo da terra en Galicia” e “O Catastro” do tema 9.
  • O epígrafe “Industrias forestais” do tema 47.
  • O epígrafe “Normativa urbanística aplicable” do tema 57.

En resumo, e en concordancia co solicitado nas alegacións xerais se alega que a orde necesita dunha maior definición da lexislación aplicable por ser inabarcable e maior claridade e concisión nos temas por ser estes temas inabarcables e pouco elaborados; así como tamén solicitamos a eliminación do temario das partes superfluas e duplicadas.

ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS.

No tema 61 deberíase incorporar un epígrafe sobre o R.D. lexislativo 1/2016, de 16 de decembro polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrado da contaminación (IPPC), pois no punto 9 do anexo I contémplanse as Industrias Agro alimentarias e explotacións gandeiras, concretamente no punto 9.3. Instalacións destinadas á cría intensiva de aves de corras e porcos (a partir dun número determinado de aves por explotación e núm. de prazas en porcos).

Nos temas 2 e 3 son moi ambiguos, con todo consideramos que: A poboación galega e a economía galega son ambos conceptos transversais presentes en toda a normativa, non soamente na agraria, polo tanto estes temas xa aparecen presentes no contido de moitos dos temas posteriores adicados ás distintas producións co título “Referencias ao contexto español e da UE”.

CAMAREIRO LIMPADOR.

Supresión dos epígrafes de Condimentación e tipo de dietas da parte especial.

Supresión do Tema 7 da Parte Común.

Efectúanse alegacións aos seguintes borradores de Ordes de Convocatorias de Procesos Selectivos, remitidos pola DXFP.

  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo Superior, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros, Especialidade Enxeñaría de Camiños, canais e portos.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo Superior, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros, Especialidade Enxeñaría agronómica.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Superior da Administración Xeral, da Comunidade Autónoma de Galicia, Escala de Sistemas de Tecnoloxía e da Información.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo de Grao Medio, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros Técnicos, Especialidade Enxeñaría Técnica Agrícola.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo de Grao Medio, de Administración Especial, Escala de Enxeñeiros Técnicos, Especialidade Enxeñaría Técnica de Obras Públicas.
  • Orde pola que se convoca proceso para o ingreso no Corpo Facultativo de Grao Medio, de Administración Xeral, Escala de Subinspección Urbanística.
  • Orde pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso pola quenda de Acceso Libre na Categoría 001 (Camareiro/Limpiador. Axudante Cociña) do Grupo V de

I.- Alegacións de carácter XENÉRICO

I.1. SOBRE O SISTEMAS SELECTIVO E TIPO DE PROBAS

1º O sistema de selección debe ser Concurso-Oposición, máxime ao na quenda de promoción interna e tamén ao ser convocatorias das que se fixo uso das listas de contratación temporal e que nalgúns casos non existe proceso selectivo dende hai moitos anos.

Entendese que o principio de mérito é un principio constitucional que debe terse en conta pola Administración, máxime tendo en conta a periodicidade das convocatorias que se están a convocar. A administración da Xunta segue a mostrar o seu desprezo polo persoal temporal que esta a formar para logo non ter en conta nunca dita formación como mérito nos procesos selectivos.

2º Solicitamos que todas as probas sexan tipo test ao fin de rematar coa falta de obxectividade e abuso da doutrina da discrecionalidade técnica que se esta a producir nesta Administración.

O exame test resulta o mais obxectivo e axeitado para determinar os coñecementos dos aspirantes. O seu uso esténdese dende probas MIR ou similares ata para acceder ás mais prestixiosas universidades do mundo, polo que non entendemos a negativa constante da Xunta en rexeitar dito tipo de proba.

Subsidiariamente solicitamos que:

Os Exames de desenvolvemento e práctico sexan substituídos por Exames de Preguntas Curtas de resposta automática e valorizadada aritméticamente na convocatoria.

Como segunda petición subsidiaria, se solicita que, de persistir a Administración nos exames tipo desenvolvemento, os mesmos sexan situados como 1º Exercicio en lugar de último, sendo o exame tipo Test teórico o último exame a efectuar polos aspirantes. (coñecemento de lingua galega aparte), e con lectura

I.2 TEMARIOS .

1º .- Os test teóricos se efectuaran sobre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en Temas.

2º Para o caso de persistir os exames tipo desenvolvemento, solicitamos novamente que ditos programas e Anexos sexan desenvolvidos mediante temarios elaborado e publicados pola EGAP con antelación suficiente (4-6 meses) ao inicio das probas, así como que estean actualizados.

3º Os anexos deberán ser proporcionais no numero de temas en función dos grupos. Neste sentido cabe alegar que os temarios propostos carecen de racionalidade e sistemática e se limitan a ser unha mera colección ou compilación lexislativa, carente do mais mínimo rigor. Dito en “roman paladino” son un corta e pega de toda a lexislación que se le pode ocorrer a administración.

Dende o CSIF non podemos apoiar este tipo de temarios baseados unicamente nas probas memorísticas e que claramente contradixen toda a evolución que se esta a producir nos procesos de selección de persoal.

E aínda mais. O que non se pode pretender e que o aspirante coñeza toda a normativa en dous niveis de coñecemento. Para preparar o test (o que require un tipo de estudio polo miúdo da lexislación) e para preparar o exame de desenvolvemento que require un coñecemento da norma mais xeral.

Tal e como están deseñadas as probas se xe esta a exixir aos aspirantes que preparen a mesma materia dúas veces e mediante técnicas de estudo totalmente diferentes.

O que é un despropósito. Non se pode exixir un nivel de coñecemento de miles de artigos ao pe da letra e ao mesmo tempo esixir un control global da materia.

Así pois o temario debe ser estruturado de xeito que a materia que se estime que debe coñecerse polo miúdo (e dicir, con puntos e comas) debe ser esixida no tipo test e o resto da materia (a que require coñecementos globais) debe ser liberada do exame test xeral e esixida ou ben noutro test específico ou subsidiariamente no exame de preguntas curtas ou desenvolvemento.

Ao longo dos Anexos presentados pódense atopar tantos exemplos que se excusa a cita concreta dos mesmos.

Concluíndo, dende CSIF esiximos unha liberación de materia lexislativa básica no primeiro exame e concreción nos temarios no que respecta aos segundo e terceiros exercicios.

Polo que se refire ás normas de dereito positivo, fixarase como norma xeral que sexan esixibles aquelas que conten con publicación oficial na data de publicación da Convocatoria, para evitar que os cambos normativos de última hora afecten ou penalizen aos opositores e que estes podan dar por pechado o seu temario, con tempo suficiente para acometer o exercicio.

I.4 ALEGACIÓNS CONCRETAS AO TEXTOS COMÚNS DAS ORDES 

Na Base II.2 da texto da Base da Orde dos procesos do Corpo Superior e bases análogas solicitase a seguinte redacción

“O resultado final do proceso selectivo virá determinado pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da fase de oposición, tendo en conta o peso específico que cada un dos exercicios ostenta no proceso selectivo segundo o establecido na Base anteriores (cita da Base que corresponda) e con independencia do número de prazas convocadas.

Base III.7 Se propón engadir un punto segundo:

“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”

Base III.5. Engadir “o persoa que o substitúa”.

Base III.6: Engadir “Instrucións de 11 de abril do 2007, relativa ao funcionamento e actuación dos Tribunais”

ALEGACIÓNS ESPECIFICAS

Respecto as alegacións específicas, as mesmas se efectúan sen prexuízo do antedito para as alegacións xerais, de xeito que cando exista contradición entre o expresado entre as alegacións xerais ou específicas, estas últimas terán carácter subsidiario do alegado con carácter xenérico.

ENXEÑEIROS TÉCNICOS AGRÍCOLAS

Se se segue mantendo a realización do terceiro exercicio (desenvolvemento por escrito de 2 temas) será necesario aumentar o tempo máximo de duración deste exercicio (2 horas), pois se o comparamos co tempo que se propón no borrador da convocatoria de enxeñeiros Agrícolas (para desenvolver 1 tema dispoñen dun tempo máximo de 1,5 horas).

Proponse que se aumente o tempo máximo para desenvolver os 2 temas en 3 horas.

Proponse que se eliminen os seguintes temas:

Eliminar o Tema 2, tema 3, tema 4 e tema 49 por tratarse de temas especificamente estatísticos que varían moito no tempo e a memorización de datos estatísticos non aportan nada ao proceso nin ao traballo que se desenvolverá na administración.

Tema 7: Substitución da Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia derrogada na súa totalidade a excepción da disposición derradeira primeira pola LEI 6/2011.

Eliminar o Tema 8 debido a que existen escalas específicas como son os enxeñeiros de montes e os enxeñeiros técnicos forestais aos que si lles correspondería este tema.

Ademais no tema 5 hai un apartado sobre o “Análise dos distintos subsectores: agrícola, gandeiro e forestal” que é suficiente para que os aspirantes ao proceso selectivo de enxeñeiros agrónomos amosen os seus coñecementos sobre o sector forestal. En resumo, nos temas 4, 5 e 6 existe duplicidade dos contidos.

No Tema 9 substituír a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, pois está derrogada na súa totalidade a excepción da disposición derradeira primeira; pola Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

No Tema 15 substituír o Regulamento 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.

Tema 17: Eliminación, xa que se refire a tarefas que desenvolven os técnicos de medioambiente, forestais e montes no seu traballo. e ademais, duplícase contido xa incluído no tema 7 no punto: “Os cambios nos modelos de aproveitamento e usos do solo” con “Usos do solo: distribución, tendencias e problemática”

Tema 24: Eliminación da parte correspondente as industrias forestais por non ser competencia deste corpo.

No tema 26 nos apartados “A calidade regulamentada” e “As denominacións de calidade” solicitamos a relación das normativas europeas, estatais e autonómicas que queren que se estuden porque a gran cantidade de normas referentes a este tema dan para facer unha oposición aparte.

Eliminar o Tema 29, tema 35, tema 59 e tema 60 por tratarse de temas específicos que desenvolven os técnicos de medioambiente no seu traballo.

Tema 30: Acoutar o contido da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia aos ámbitos agrarios e eliminar o epígrafe “Normativa urbanística aplicable” por entender que xa está incluído no primeiro epígrafe.

Solicitamos a eliminación dos temas 32 e 33 por seren ao igual que os temas 2 e 3 duplicados e transversais a toda a normativa do medio rural e polo tanto transversais a todo o contido do temario e se non a aclaración da normativa na que se basean porque a normativa europea, estatal e autonómica é inmensa.

No Tema 42, solicitase a eliminación por tratarse dun tema específico que desenvolven os veterinarios no seu traballo.

No Tema 57 acoutar o contido da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia aos ámbitos agrarios.

Propónse eliminar os seguintes epígrafes dos temas que se indican a continuación:

  • O epígrafe “O prezo da terra en Galicia” e “O Catastro” do tema 9.
  • O epígrafe “Industrias forestais” do tema 47.
  • O epígrafe “Normativa urbanística aplicable” do tema 57.

En resumo, e en concordancia co solicitado nas alegacións xerais se alega que a orde necesita dunha maior definición da lexislación aplicable por ser inabarcable e maior claridade e concisión nos temas por ser estes temas inabarcables e pouco elaborados; así como tamén solicitamos a eliminación do temario das partes superfluas e duplicadas.

ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS.

No tema 61 deberíase incorporar un epígrafe sobre o R.D. lexislativo 1/2016, de 16 de decembro polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrado da contaminación (IPPC), pois no punto 9 do anexo I contémplanse as Industrias Agro alimentarias e explotacións gandeiras, concretamente no punto 9.3. Instalacións destinadas á cría intensiva de aves de corras e porcos (a partir dun número determinado de aves por explotación e núm. de prazas en porcos).

Nos temas 2 e 3 son moi ambiguos, con todo consideramos que: A poboación galega e a economía galega son ambos conceptos transversais presentes en toda a normativa, non soamente na agraria, polo tanto estes temas xa aparecen presentes no contido de moitos dos temas posteriores adicados ás distintas producións co título “Referencias ao contexto español e da UE”.

CAMAREIRO LIMPADOR.

Supresión dos epígrafes de Condimentación e tipo de dietas da parte especial-

Supresión do Tema 7 da Parte Común.