Ordes dos procesos selectivos do subgrupo A1 de Enxeñaría de Montes e A2 de Enxeñaría Técnica Forestal

A Dirección Xeral de Función Pública achega para a presentación das alegacións oportunas os seguintes proxectos de ordes de convocatoria de procesos selectivos:

  • Orde do xxxxxxx de xxxxx de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade  Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de Enxeñaría de Montes. ➡ Documento
  • Orde do xxx de xxxxxx de 2018 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de Enxeñaría Técnica Forestal.➡ Documento

As alegacións poderán ser remitidas ata o día 20 de febreiro.