Reinicio da actividade do persoal fixo-discontinuo do SPDCIF o 1 de marzo

A dirección xeral de Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural, segundo as necesidades de programación e planificación, e en concreto en función das circunstancias climatolóxicas , solicitou que os traballadores/as que ocupan postos de duración fixo-discontinua (9 meses), reinicien a súa actividade o vindeiro día 1 de marzo.