Alegacións da CSIF ás ordes de convocatoria do proceso selectivo nas escalas de Finanzas

ALEGACIÓNS DA CSIF A PROXECTOS DE ORDES POLA QUE SE CONVOCAN DIVERSOS PROCESOS SELECTIVOS NAS ESCALAS DE FINANZAS.

Efectúanse alegacións aos seguintes borradores de Ordes de Convocatorias de proceso selectivo para o ingreso na Escala Técnica de Finanzas (Subgrupo a2) e a Escala Superior de Finanzas (Subgrupo A1)

I.- ALEGACIÓNS COMÚNS DE CARÁCTER XENÉRICO

I.1. SOBRE O SISTEMAS SELECTIVO E TIPO DE PROBAS

1º O sistema de selección debe ser, en TÓDOLOS corpos escalas e sistemas de acceso o Concurso-Oposición.

Entendese que o principio de mérito é un principio constitucional que debe terse en conta pola Administración, máxime tendo en conta a periodicidade das convocatorias que se están a convocar. A administración da Xunta segue a mostrar o seu desprezo polo persoal temporal que esta a formar para logo non ter en conta nunca dita formación como mérito nos procesos selectivos.

Solicitamos que todas ou neste caso concreto a maioría das probas sexan tipo test ao fin de rematar coa falta de obxectividade e abuso da doutrina da discrecionalidade técnica que se esta a producir nesta Administración.

O exame test resulta o mais obxectivo e axeitado para determinar os coñecementos dos aspirantes.

O seu uso esténdese dende probas MIR ou similares ata para acceder ás mais prestixiosas universidades do mundo, polo que non entendemos a negativa constante da Xunta en rexeitar dito tipo de proba.

Subsidiariamente solicitamos que:

Os Exames de desenvolvemento e práctico sexan substituídos por Exames de Preguntas Curtas de resposta automática e valorizadada aritméticamente na convocatoria.

Como segunda petición subsidiaria, se solicita que, de persistir a Administración nos exames tipo desenvolvemento, os mesmos sexan situados cronoloxicamente como exame intermedio entre o exame test e o test práctico (coñecemento de lingua galega aparte),

I.2 PROGRAMAS E TEMARIOS

Pese a o que ven demandado CSIF e pese a que a meirande parte da doutrina científica especializada ven aconsellando, o certo que ano tras ano, as convocatorias de procesos selectivos da Xunta de Galicia amosan un principal método de actualización, tal que é, o engadir a modo de “volcado” as novidades normativas que se van producindo.

E dicir, que as reformas nas diversas convocatorias implican principalmente que os sistemas de acceso inciden na capacidade memorística dos aspirantes, desbotando unha mellora e modernización dos mecanismos de selección actuais, prestando atención a outras alternativas que xa se están impoñendo en outros entornos.

Os temarios destas probas inciden nestes defectos. Os temas son inabarcables ao non estar acotados na súa redacción e a materia que pode esixirse a un opositor por tema, daría para facer unha tese doutoral o unha monografía dunha determinada area temática.

Igualmente non se entende o mantemento dun exame oral para as Escalas de Finanzas (que poderían ser defendibles como excepción en algún Corpo determinado polas súas especiais características), á vista das funcións e competencias destas Escalas, e tendo en conta que o exame oral sempre é o menos garantista cara a unha revisión da puntuación outorgada e o a que maior indefensión expón aos aspirantes.

Dende o CSIF non podemos apoiar este tipo de temarios baseados unicamente nas probas memorísticas e que claramente contradixen toda a evolución que se esta a producir nos procesos de selección de persoal.

Por iso dende o CSIF, solicitamos cambios nas probas e temarios que remitiremos como complemento das alegacións en próximas datas.

II ALEGACIÓNS COMÚNS DE CARÁCTER CONCRETO AOS TEXTOS  

1º.- Na Base I.1.1. sinálese que as prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas se acumularan ás de acceso xeral.

Dende CSIF solicitamos que a Administración manteña o criterio xa seguido nas convocatorias de Corpos Xerais e ditas prazas NON SE ACUMULEN as de acceso libre, por dúas motivacións:

Non discriminación dos aspirantes con discapacidade que se presenten a estes proceso, respecto de o resto de procesos da Xunta.

Que o grao de cobertura destas prazas esta en torno ao 33% na Administración da Xunta de Galicia,

Como mellora do anterior e se ben esta OOSS se postula como é de sobras coñecido a favor da inserción das persoas con discapacidade, solicítanse dous extremos.

  1. A obriga por parte dos Tribunais de Selección de acudir ás medidas de discriminación positiva legalmente existentes para implantar o corte diferenciado e aumentar a porcentaxe de cobertura de dita quenda.
  2. A convocatoria de Procesos Independentes unha vez se acumulen un número mínimo a determinar pola Administración, de prazas non cubertas

2º.- Na Base II.2 da texto da Base da Orde dos procesos do Corpo Superior e bases análogas solicitase a seguinte redacción

“O resultado final do proceso selectivo virá determinado pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da fase de oposición,. O resultado final do último exercicio é independente do resultado final do proceso selectivo. Non poderán superar o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas.

.- Na Base IV.7 Se propón engadir un punto segundo:

“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”

4º.- Base IV.9. O nomeamento de dito persoal asesor será público e estará sometido as normas de Abstención e recusación nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5º.- Suprimir o primeiro parágrafo da Base V.1 por ser redundante coa Base II.2, ou subsidiariamente trasladar toda a Base como parágrafo 2º da Base II.2.

6º.- Enténdese que a documentación esixida pola Base V.2. D) resulta superflua unha vez que a mesma xa é esixida no momento da inscrición no proceso selectivo.

7º.- Base V.3. Solicítase estender ao persoal interino a facultade prevista por esa Base para o persoal funcionario.

8º.- A realización dos exercicios non deberá ser anterior a UN ANO, a contar dende a data da convocatoria, tendo en conta a amplitude dos temarios e, en moitos casos ter que compatibilizar unha xornada laboral e de cargas familiares,

9º.- O anuncio de realización de tódolos exercicios debería publicarse no DOG polo menos con un mes de antelación.

III. ALEGACIÓNS ESPECIFICAS ACCESO LIBRE: PROBAS E TEMARIOS.

PROCESO A2. ESCALA TÉCNICA

Solicítase un cambio na orde dos exercicios. De xeito que:

  • O primeiro exercicio sexa o suposto de contabilidade. (actual 2)
  • O segundo exercicio sexa o teórico práctico (actual 3º)
  • O terceiro exercicio sexa o test (actual 1º)

Iso motivado no seguinte (Esta motivación se estende á Escala Superior).

Coa actual configuración, os resultados que marca a experiencia de pasados procesos, é que existe un “efecto chamada” de aspirantes que preparan oposicións xenéricas co fin de superar únicamente o exercicio test común, cara a obter postos por listas de contratación.

Isto prexudica gravemente aos opositores que efectúan a preparación completa dos procesos de finanzas e por ende a propia administración. Resulta evidente que un aspirante que esta preparando específicamente a totalidade do proceso de finanzas ten que adicarse a preparar a parte específica (e por ende, a mais importante do proceso de cara ao desenvolvemento das tarefas propias do Corpo ou Escala) e por tanto, resulta prexudicado respecto de aqueles que soamente adican toda a súa preparación ao exercicio test. O resultado é que os aspirantes mellor preparados na parte específica, a meirande parte das veces quedan apeados na parte xeral. O mais grave é que os aspirantes que superan o test, como non teñen preparados os exercicios específicos non se presentan ou o fan con pouca preparación aos ditos exercicios e as prazas quedan sen cubrir.

A maior abastamento, que o exame test (o mais obxectivo na súa corrección) sexa o que peche o proceso, impediría ao poder regular o tribunal o número de preguntas necesarias para fixar o mínimo, que as prazas queden desertas o que pola contra non se teña en conta as notas dos primeiros exercicios á hora de fixar a nota de corte que outorga o acceso a condición de funcionario.

1º Exercicio: Contabilidade.

Non se efectúan alegacións ao mesmo.

 2º Exercicio: Exame Teórico Práctico

Mantense a primeira proba, coa salvidade que se solicita que a mesma sexa con Cuestionario Test.

Respecto da segunda proba, solicítase que a mesa sexa substituída por una proba que consista en contestar por escrito a un cuestionario de, como máximo 40 preguntas curtas, propostas polo Tribunal Cualificador sobre as materias contidas na parte III do Temario anexo a esta convocatoria y nos temas 1 a 18 que pasarían como Bloque a este exercicio.

O exercicio deberá escribirse de tal modo que permita a súa lectura e compresión por calquera membro do Tribunal Cualificador.

O tempo para la realización do exercicio será de 180 minutos.

Neste exercicio, analizarase o nivel de coñecemento dos aspirantes respecto da materia que non ten carácter marcadamente positivista, que non resulta transversal, e que non ten un carácter básico ou troncal, analizando un coñecemento mais xenérico da mesma, sen o nivel de detalle do primeiro exercicio, o coñecemento xeral da materia sen resultar un exame de memorística pura como o exame test.

De modo subsidiario e seguindo o proposta nas convocatorias estatais, considerase necesario SUPRIMIR neste exercicio, os seguintes temas para a segunda parte

“2. Desarrollo de 1 tema de acuerdo con el temario PARTE III. Dereito financeiro, orzamentario e tributario, excepto temas 1, 9, 11, 12, 23, 24, 26, 27, 30, 31 y 35, en un tiempo máximo de 1h 30 m).

 3º Exercicio Test Teórico.

Así mesmo solicitase que test teóricos se efectúen sobre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en Temas.

O exercicio test examinara o coñecemento por parte do aspirante das normas de dereito positivo, polo que en aras á concreción, acotación e obxectividade da proba enténdese que o sistema de Anexo Lexislativo, xa empregado en moitas convocatorias desta Administración e proposta na Promoción Interna deste mesmo ano: Non existe unha soa razón obxectiva para que o Acceso Libre e a Promoción Interna teñan programación diferente, e mais aínda cando moitos aspirantes preparan promoción interna e acceso libre ao tempo.

Así mesmo enténdese que o nivel de coñecemento máximo da norma (ao pé da letra, soamente debe de ser esixido nas normas de carácter mais básico e transversal da Administración), e non debe ser un exame que se limite unicamente a actuar de exame filtro (que tamén).

A materia lexislativa que se esixe no test mediante anexo lexislativo comprendería os temas 21 a 49.

Con carácter subsidiario, proponse que o Exame Test se efectúe sobre Bloques do temario achegado pola EGAP e que teñan carácter marcadamente positivista

Se a administración insiste en manter os temas para o test, dende CSIF esiximos que a totalidade do temario sexa posto pola EGAP a disposición dos aspirantes cun ano de antelación á data do primeiro exercicio, así como que estean actualizados.

PROCESO A1. ESCALA TÉCNICA

 Se dan por reproducidas as alegacións respecto dos tres primeiros exercicios efectuadas para a Escala Técnica

Solicítase a supresión da Primeira parte do Terceiro Exercicio.

Solicítase que o Cuarto Exercicio oral sexa substituído por Exame de Preguntas Respecto da segunda proba, solicítase que a mesa sexa substituída por una proba que consista en contestar por escrito a un cuestionario de, como máximo 60 preguntas curtas, propostas polo Tribunal Cualificador sobre as materias contidas na parte III do Temario anexo a esta convocatoria y nos temas 1 a 18 que pasarían como Bloque a este exercicio.

O exercicio deberá escribirse de tal modo que permita a súa lectura e compresión por calquera membro do Tribunal Cualificador.

O tempo para la realización do exercicio será de 240 minutos.

A proposta de modificación de temarios e Anexos Lexislativos, será remitida, de ser o caso, en próximas datas como complemento a este escrito de alegacións.