Alegacións da CSIF á proposta de modificación da RPT da Consellería do Mar

  1. ALEGACIÓNS XENÉRICAS.

I.1 CAMBIOS DERIVADOS DOS DECRETOS DA LEI DE ORZAMENTOS E DOS DECRETOS DE ESTRUCTURA.

  1. a) Lei de Orzamentos

Respecto das modificacións que veñenimperativamente impostas pola Norma, isto é as amortizacións por carecer de dotación orzamentaria e pola adecuación da RPTa nova estrutura da Consellería implementada con ocasión dos Decretos 146/2016, do 13 de novembro e 177/2016 do 15 de decembro, esta organización sindical manifesta que:

Estas prazas foron desorzamentadas nun momento de recesión económica, e non puideron ser amortizadas como así asinaba a Lei de Orzamentos de 2013, porque estaban suxeitas a procesos de provisión.

Neste momento estamos noutro espazo económico diferente, no que comeza a establecerse unha esperanzadora fase expansiva de crecemento que debería ter como resultado a creación de novos postos de traballo que puideran compensar os perdidos.

Por todo o exposto, solicitamos que a amortización das 25 prazas leve aparellado a creación do mesmo número de prazas para servizos que necesiten de máis recursos de persoal, sempre que a Consellería de conformidade coa legalidade vixente, o considere oportuno, tendo en conta as seguintes premisas:.

ACUICULTURA

O desenvolvemento da ACUICULTURA supón un dos maiores retos que a Consellería do Mar ten que afrontar, porque pode supoñer a maior fonte de emprego nos próximos anos para os galegos.

A FAO considera que a acuicultura vaise a converter na principal vía para poder obter os produtos do mar que incorporamos á nosa dieta, dado a continua redución da pesca extractiva.

A estrutura económica que posúe a Acuicultura vai medrando día a día e vaise profesionalizando, así xurden sistemas de investigación amparados polo sector empresarial como o Cluster da Acuicultura de Galicia, que naceu no ano 2000 como resultado da asociación de once empresas galegas que se dedican ao cultivo en piscifactoría de peixes planos. O seu obxectivo fundamental é consolidar a posición competitiva do sector acuícola galego xerando e potenciando as vantaxes das súas empresas a partir de I+D+i. Baixo a súa tutela creouse o Centro Tecnolóxico Galego da Acuicultura ( CETGA), deseñado como unha planta piloto de acuicultura dedicada a experimentación.

A ACUICULTURA debería ter peso especifico de forma propia dentro da RPT, e ademais debería asociar de forma transversal a varios servizos dentro da estrutura da Consellería.

Por outra parte, a fallida lei de ACUICULTURA xa recollía varios dos preceptos antes expostos, e xa propoñía a transformación da explotación de bancos naturais de molusco en verdadeiros sistemas de acuicultura.

GARDACOSTAS

En Ferrol, na súa base operativa, non conta con persoal asignado salvo o propio xefe da base, é dicir “un xefe sen persoal,” e esta falta de persoal é suplida con axentes da base operativa da Coruña. Este desprazamento de 4 axentes ( 3 con praza asignada en Coruña), desprázanse de maneira continua, dado a ausencia de persoal na RPT.

O gran traballo desenvolvido por este servizo contra o furtivismo e unha realidade pero para poder eliminar esa lacra necesitase mais axentes nas bases operativas.

SERVIZO DE ANÁLISES E RECURSOS:

Actualmente este servizo está realizando un gran traballo, pero ten encomendado grandes tarefas que non poden ser atendidas co actual cadro de persoal. Hoxe en día, 4 persoas soportan un traballo enorme, co que deberían presupostarse máis prazas,

INTECMAR E CIMA:

Calquera praza amortizada nestes centros de investigación supón unha merma da súa actividade a corto- medio prazo, por poucas prazas que lle afecten. Debemos plantexar o seu labor de control das biotoxinas e a súa labor de investigación respectivamente, totalmente fundamentais para o desenvolvemento das actividades pesqueiras e de marisqueo.

INSTITUTO POLITÉCNICO MARITIMO-PESQUEIRO

A formación é quizais o motor que pode desprazar ou facer avanzar calquera sector, e cada céntimo investido neste campo é a priori importante. Os institutos politécnicos están a facer un gran traballo, que debería ser reforzado ou compensado coas prazas a amortizar.

En CONCLUSIÓN, a perda dos postos que serán amortizables poderían recuperarse a través dun PLAN DE FOMENTO DO EMPREGO nos Servizos que traballan na Xunta a prol da Acuicultura. Este plan facilitaría a creación de novos postos de traballo en Servizos como o Servizo de Análises e Rexistros e o Servizo de Protección dos Recursos, pero tamén nos centros de investigación como CIMA e INTECMAR, así como facilitar a consolidación dos postos de funcionarios dentro das CONFRARIAS.

  1. b) Decreto de Estrutura.

Noutro orde de cousas e dende un punto de vista máis global, e pese a que a determinación dos cadros de estrutura que proceden dos Decretos organizativos resultan unha manifestación da potestade de autoorganización da propia Xunta, esta organización sindical observa que pese a que na Memoria económica faise referencia a un saldo positivo, na mesma non se inclúen as prazas de nova creación de Xefatura de Servizo Técnico Xurídico e Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación, polo que se descoñece a financiación destas dous prazas de estrutura.

Igualmente estímase insuficiente a xustificación contida na Memoria respecto das prazas a amortizar. Non resulta axeitado que ditas amortizacións se fundamenten en dúas palabras como son “menos necesarias”.

I.2. ALEGACIÓNS RESPECTO DO GRUPO IV, CATEGORÍA 18 DE PERSOAL LABORAL.

Reiterando o anteriormente sinalado respecto da potestade de autoorganización da propia Administración, concretada neste caso a través do Decreto de estrutura da propia consellería, solicítase respecto dos nove postos de traballo de persoal laboral pertencentes ó grupo IV, categoría 18, que se atopan na D.X. de desenvolvemento pesqueiro/ S.X. de investigación e apoio científico-técnico, que pasen a encadrarse dentro da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica baseada no seguinte motivo:

Os postos de traballo referidos teñen como obxecto principal a realización de mostras para rexistrar todos os aspectos relevantes das faenas pesqueiras coa finalidade de facilitar os datos precisos e necesarios para a emisión dos informes de avaliación dos recursos mariños e servir de soporte á ordenación, planificación e seguimento dos recursos mariños.

En consecuencia e coa finalidade de axustarse plenamente a esta organización establecida, as funcións e tarefas correspondentes aos postos de traballo sinalados axústanse ás competencias exercidas pola Dirección Xeral de Pesca e non pola D.X de desenvolvemento pesqueiro, causa e motivo pola que se solicita o cambio de dependencia.

Solicitude da inclusión do plus de penosidade para os referidos postos.

Efectivamente recóllense na proposta de RPT os pluses de perigosidade, especial dedicación e nocturnidade, en virtude de sentenza acaída. Non obstante, falta a inclusión do plus de penosidade, polos seguintes motivos:

Da avaliación de riscos efectuada para ditos postos de traballo, recóllense riscos por exposición a ruídos e vibracións, riscos por exposición a calor, riscos por exposición ó frío, así como os riscos que comportan unha excesiva carga física, todos estas, condicións descritivas do plus de penosidade.

Do mesmo xeito, na sentenza que da soporte ó recoñecemento dos pluses que se incorporan, efectivamente ditamínase que existen condicións de penosidade, aínda que entende o xulgador que estas condicións xa están incluídas dentro do plus de perigosidade. Non obstante, no convenio regulador das condicións laborais do persoal da Xunta, ditos pluses están claramente diferenciados e concretados, motivo polo que non debe aplicarse dita sentenza simplemente na súa literalidade, senón tamén no ámbito da xustiza material efectiva.

I.4 ÁREAS FUNCIONAIS.

Dende CSIF xa nos manifestamos en contra do encadramento dos posto nunha determinada área funcional xa que limitan a mobilidade tanto xeográfica como funcional do persoal da administración pública galega polo que voltamos a solicitar con caracter xeral a eliminación do encadramento das prazas en Áreas Funcionais.

A maior abastamento desta alegación xeral, obsérvanse determinadas prazas que aínda cumprindo as directrices da dirección xeral da Función Pública non estarían ben encadradas dentro da Áreas establecidas, o que se alegara de modo concreto no apartado de alegacións específicas.

I.5 PERSOAL DE OUTRAS ADMINISTRACIÓNS E A PERSOAL ESTATUTARIO.

Aínda que a porcentaxe de postos abertos a outras Administracións poida atoparse dentro dos límites esixibles pola norma, dende CSIF consideramos inaceptable que a práctica TOTALIDADE dos postos que se abran a outra administracións sexan postos de cobertura mediante LD. Se un dos fins da apertura postos é que funcionarios destinados fora de Galicia poidan participar en procesos de provisión convocados na administración galega para regresar a Galicia, resulta intolerable que eses procesos se cingan exclusivamente a procesos de Libre Designación, vedando a posibilidade de que a maioría de funcionarios que desexen regresar non podan facelo mediante concurso ordinario.

I.6 ESCALAS DE GARDACOSTAS.

1.6.1 Solícitase que as Xefaturas de Unidade Operativa, sexan cubertas por Concurso Ordinario.

As Xefaturas de Unidade Operativa, postos ubicados nos servizos periféricos, pero dependentes funcionalmente da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia. Na RPT publicada no ano 2013 (DOG, núm. 147 do 2/08/2013) figuraban como postos de libre designación, pero posteriormente, e en cumprimento dun auto ditado 0 16 de xullo de 2014 pola sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (que requiriu á Xunta de Galicia para que se executase a sentenza do mesmo tribunal de data 30 de outubro de 2013 – PO 586/2011), foron modificados por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2014 publicado por Resolución da Consellería de Facenda de 4 de agosto de 2014 (DOG, núm. 151 do 11/08/2014), cambiando a súa forma de provisión que pasou a ser a de concurso.

Ningunha función atribúese aos xefes destas unidades operativas en relación coas situacións de alerta sanitaria ou emerxencia.

1.6.2 .- Solicítase una suba lineal de dous puntos nos complementos de destino e especifico dos Funcionarios da escala de Gardacostas de Galicia.

Xustificación: Pola natureza da actividade desenvolvida, nestes postos manéxase información confidencial, exércese a coordinación con membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e tómanse decisións que poden supoñer a limitación de dereitos de propiedade e outros dereitos individuais

1.6.3.- Solicítase que a Escala Operativa conste na RPT como postos exclusivamente do C1e e a diferencia presupuestada se use ou ven para a creación dos postos de segunda actividade ou para o incremento de dous niveis a dito servizo.

Xustificación: Artigo 6º bis. Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia.

“1. Ao abeiro do disposto no artigo 22º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, dentro do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, créase a escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, coas especialidades de patróns/oas e mecánicos/as”

Disposición transitoria:

Única.-Integración do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia.

“Na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, subgrupo C1, poderá integrarse o persoal funcionario actualmente pertencente á escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, do mesmo subgrupo, que á entrada en vigor da presente modificación lexislativa teña a titulación profesional esixida. A opción individual á dita integración deberá efectuarse mediante o procedemento e no prazo que regulamentariamente se determinen.”

1.6.4 Solicítase a o cumprimento da Lei e o Decreto do servizo de Gardacostas e se cren as prazas de segunda actividade

Artigos 10 e 11 da LEI 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia e 22 do DECRETO 157/2005, de 26 de mayo, sobre ordenación y funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.

II ALEGACIÓNS PUNTUAIS.

Aos efectos de acadar unha homoxeneidade e non discriminación entre prazas de funcións e contidos similares, se efectúan as seguintes propostas:

Na praza PE.CO2.00000.15770.017, Posto Base Grupo A1, se solicita a retirada do mérito 2062.

Solicítase a extensión do Plus de Tarefas de Condución a todo o persoal subalterno que depende da Secretaría Xeral Técnica, salvo xustificación expresa que permita a discriminación.

Na praza PE.CO2.00001.15770.020, solicitase deixar a apertura a Corpo/Escala á Xeral/Especial.

Solicítase a supresión do requisito 020 das secretarías de subdirección ou asimiladas.

En determinados postos da RPT se conxuga a cobertura xeral por todas as Escalas Especias (co termo “Especial”) e ao mesmo tempo parece indicarse unha limitación a certas escalas (Exemplo ESC1/ESC3), polo que debe aclararse dita contradición, entendendo este sindicato que compre a supresión do termo “ESPECIAL” de dias prazas.

Supresión dos mérito 713 (Curso de Formación de Recoñecemento de Especies) dos postos que dependen da Xefatura do Servizo da Pesca, xa que para os similares que dependen do Servizo de Mercados non se lles esixe. Así mesmo supresión de dito requisito nos Postos base C2.

Apertura das Xefaturas de Servizo e Sección de Plans de Pesca a ESC3 (Escala Especial de Ciencias do Mar)

Supresión da Área Funcional ECO (Económico Orzamentaria) na Xefatura de Sección de Desenvolvemento Pesqueiro e na Xefatura de Sección de Acción Costeira.

Supresión do Área Funcional CON (Contratación) na Xefatura de Negociado I de Acción costeira (non se lle esixe a Xefatura de Negociado II)

Na praza PE.C99.10000.150001.204, supresión da formación 920-955 (Coñecementos en Produción Pesqueira e Coñecementos en Industrias Pesqueiras.

Supresión da Área Funcional ECO na Xefatura de Sección de Administración Xeral e Persoal da Xefatura Territorial de Vigo.

Na Xefatura de Negociado Administrativo CIMA, CORÓN-VILANOVA, supresión do mérito 073 (Mérito de Experiencia en Xestión Económica Administrativa.)