O DOG do 13 de abril publicará as puntuacións provisionais para as vacantes das escalas superior e técnica de estatísticos

A resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos, publicarase no DOG o vindeiro venres, 13 de abril, segundo as previsións da Administración galega, que informou hoxe do seu envío ao Diario Oficial de Galicia.