Información sobre a actualización das listas ST Lei 17

A Xunta informa de que está previsto que o próximo luns, 4 de xuño, se publique a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos de data 28 de maio pola que se dá publicidade á relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e ás puntuacións definitivas no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).