Nota informativa: Elección de destino de procesos selectivos e outras novidades de Función Pública

O pasado día 31 de maio tivo lugar xuntanza coa DXPF, onde o director xeral da Función Pública trasladou as seguintes informacións:

I ELECCIÓN DE DESTINO DISTINTOS PROCESOS SELECTIVOS

1.- PROCESO SELECTIVO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL ORDENANZAS (GRUPO V, CAT 03).

 Dadas as características especiais de este proceso, dende a DXFP negociouse unha oferta de prazas adaptada as necesidades persoais e sociais dos aspirantes que superaron o proceso. As prazas que se ofertan son de nova creación (2 en SSCC, 2 en Ourense e 1 na Coruña).

2.- PRAZAS DE ESTATÍSTICOS.

As prazas de promoción interna non serán ofertadas a elección de Destino (por continuar no seu posto) e as prazas de acceso libre (2), son ofertadas en Santiago no Instituto Galego de Estatística polas graves necesidades de persoal existentes nese centro.

Cumpríndose os criterios xerais esixidos por CSIF (prazas ofertadas a concurso previo, prazas nivel base, prazas vacantes puras e toma de posesión definitiva), non se efectúan alegacións ao respecto.

3.- PRAZAS DE DELINEANTES

Neste suposto atopámonos ante un suposto extraordinario, ao ser 4 prazas que deben ofertarse en execución de Sentencia ante a anulación do TSJ de Galicia de parte do proceso selectivo e a súa imperativa repetición.

Neste suposto resulta necesario a cobertura de 4 prazas, non sendo posible cumprir nin preveer a convocatoria dun concurso previo. Por este motivo e de modo excepcional CSIF acepta a cobertura das mesmas de modo provisional co fin de protexer os dereitos dos funcionarios de carreira. No resto dos criterios CSIF nas súas alegacións mantivo a necesidade de cumprir o resto dos criterios defendidos para o resto de procesos.

Ditas alegacións, así como o feito de engadir unha praza a maiores proposta por CSIF (provinte dunha xubilación recente= foron aceptadas por función pública.

II OUTRAS CUESTIÓNS

Respecto dos Concursos de Traslados, o director manifesta que as bases xerais para o de funcionarios están próximas a pecharse. Que non así no caso do persoal Laboral. Que en calquera caso deben pecharse a negociación das RPTs pendentes para convocar o concurso (Medio Rural, Vicepresidencia, Secretarias Xerais da Presidencia e AMTEGA)

Por parte de CSIF se lle recorda que ao marxe do exposto, resulta tamén necesario que se fixe definitivamente os criterios das prazas de Estabilización que quedan ao marxe dos procesos de provisión.

Igualmente se lle insta a que de traslado a esta Organización Sindical do número de prazas que quedan afectadas aos procesos de estabilidade, nas resolucións dos concursos que se están a producir aos efectos de non ter problemas co cómputo unha vez que se incorporen a ditas prazas os adxudicatarios dos Concursos resoltos.