Na reunión mantida cos representantes da Vicepresidencia para a negociación da RPT deste departamento respecto dos condutores do parque móbil de Vicepresidencia, presentamos as seguintes propostas:
- Instamos a que sexa de aplicación a este colectivo o marco xurídico europeo polo que se establece que ante unha mesma función ou tarefa corresponde unha mesma retribución, e en consecuencia, se proceda a súa homoxeneidade retributiva.
- Do mesmo xeito, poñemos de manifesto a discriminación dos condutores dos conselleiros xa que estes traballadores non perciben retribución algunha polas horas feitas o fin de semana, non existindo ningunha diferenza nos requisitos/condicións establecidos na RPT.
- Solicítase, como primeira medida, a inclusión nesta RPT dos pluses de dispoñibilidade horaria e de convenio por igual para todos os condutores, independentemente da súa categoría, supeditados única e exclusivamente á aceptación expresa por parte dos traballadores afectados.
- De forma simultánea, avogamos polo inicio dun proceso negociador para o establecemento dun proceso de homoxeneidade dos condutores a través do establecemento dunha soa categoría profesional.