Reunión coa Conselleira do Mar para abordar a segunda actividade de Gardacostas (19/09/2018).
Consonte ao acordado na última reuniónde RPT da Consellería do Mar, retámanse as negociacións para a ampliación e regulación da Segunda Actividade no ámbito dos Gardacostas.
A consellería propón como primeira medida para facilitar o proceso de acceso á segunda actividade aos traballadores que se suprima da Lei actual, mediante unha modificación operada por Lei de Acompañamento dos Orzamentos, o articulo que outorga preferencia para o desempeño do posto ao/s funcionario/s que ostenten praza na mesma localidade que a praza de segunda actividade.
Por parte de CSIF, replícase que se ampliarán as prazas para segunda actividade a unha por cada base, ese requisito sería intrascendentes
A Lei establece un máximo do 5% de prazas de segunda actividade. Con esa porcentaxe, as prazas a crear serían un total de 7, o que implica que aínda se poden crear 3 prazas a maiores das 4 actuais; Cumprido a porcentaxe legal, poderíase dotar a cada base dunha praza de Segunda Actividade.
A maior abastamento, dende CSIF instamos a Administración a que propoña, aproveitando a Lei de acompañamento, a que se incremente a % do 5 actual, e se adapte ás necesidades actuais.
A creación destas prazas faise con 13 anos de retraso, e a situación non é a mesma de entón, máxime cando se solicitou esas prazas, o cadro de persoal era mais de 200 funcionarios e na actualidade escasamente 140.
Fronte a manifestación da Administración do malestar dos funcionarios pola aplicación do criterio da localidade, este sindicato non ten constancia ningunha de tal circunstancia.
Pola contra, o malestar do colectivo e por non terse creado o número de prazas totais permitidas pola Lei, e pola tardanza en convocar o concurso para proveer ditas prazas.