Contestación da CSIF á proposta de Facenda sobre as categorías de persoal laboral a extinguir, suprimir e funcionarizar

Vista a “enésima” versión do cadro de categorías do persoal laboral a funcionarizar, suprimir,extinguir ou manter, para o que a Consellería de Facenda da prazo de alegacións ate o 12 de novembro, dende a CSIF volvemos a reiterar, unha vez máis, o que xa dixemos en numerosas ocasións: A CSIF non vai a colaborar na supresión, funcionarización ou extinción de categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia ser ter negociado previamente o “como”, o “cando” e sobre todo os efectos e consecuencias de cada unha de esas actuacións.

Fai varios anos que a Dirección Xeral da Función Pública anda a voltas con un documento có que pretende suprimir, extinguir, refundir, reordenar, funcionarizar, e non sabemos cantas cousas máis, as categorías de persoal laboral da Xunta de Galicia recollidas no Convenio Colectivo…dá a impresión de que a Xunta propón calquera cousa con tal de non cumprir o Acordo de Estabilización, non convocar as prazas comprometidas na OPE 2016 e non convocar o Concurso de Traslados con mobilidade horizontal.

Para elo, remitiu ao lo longo destes anos diferentes e variopintos documentos, case todos con erros ou con información sesgada, pero todos con un denominador común: a absoluta falta de xustificación das medidas que quere adoptar para cada unha das categorías.

Aquí o que pasa é que, para maior inseguridade, non se sabe si é mellor dentro ou fora, é dicir, si é mellor estar na extinción, na funcionarización, ou no mantemento, porque nada se ten negociado sobre como afectará aos traballadores esas decisións nin como se levarán a termo os procesos.

Para a CSIF, antes de aprobar extincións ou funcionarizacións, é requisito imprescindible a negociación, entre outros, dun Decreto de Funcionarización que estableza, de forma clara, as condicións en que se levará a cabo o proceso de funcionarización, así como os seus efectos e consecuencias. En concreto esiximos:

  1. Que se nos presente por escrito unha memoria xustificativa dos cambios a realizar para cada unha das categorías cós diferentes efectos e consecuencias que terían para os traballadores.
  2. Que se inicie a negociación da totalidade das condicións dunha funcionarización que polo de agora NON podemos apoiar, xa que nace viciada pola imposición das súas condicións nas leis de acompañamento dos orzamentos dos anos 2017 e 2018.
  3. Garantías de que polo proceso de funcionarización non se perderán postos de traballo, non haberá despidos e non se obrigará á interinización forzosa do persoal laboral temporal ou indefinido.

De ditas negociacións, e do seu resultado, dependerá o posicionamento da CSIF. Como é lóxico, se o resultado é positivo e favorable aos intereses do persoal laboral (temporais e indefinidos incluídos), a CSIF apoiará os procesos e defenderá a inclusión de todas as categoría na funcionarización. No caso contrario, se a funcionarización é unha trampa ou se pretende discriminar a todo ou parte do persoal laboral, entón a CSIF rexeitará os procesos e, polo tanto, non defenderemos a inclusión de ningunha categoría profesional na funcionarización.

Asemade, para a CSIF a primeira condición para garantir que a funcionarización non prexudica ao persoal laboral é que previamente se convoquen os procesos aos que obriga a normativa en vigor. A Consellería de Facenda debe cumprir os pactos, acordos e convenios en vigor antes de abordar procesos que poñen en risco o seu cumprimento. En concreto:

  • Procesos de estabilización do persoal laboral e rematar có fraude actual.
  • Convocatoria das prazas da OPE 2016.
  • Convocatoria dos procesos de Promoción Interna do persoal laboral.
  • Concurso de traslados do persoal laboral con mobilidade horizontal.
  • Cumprimento Acordo de Bombeiros Forestais ; nas OPEs ofertarase un mínimo do 20% das prazas nos anos 2017, 2018, 2019 e 2020 para o persoal do SPDCIF.

⇒ Documento das categorías a funcionarizar, extinguir e suprimir.