Tras alcanzar CSIF un compromiso específico con Vicepresidenciapara o establecemento dunha mesa específica de negociación das condicións laborais dos condutores do parque móbil deste departamento, trasladamos de forma resumida as principais propostas que faremos chegar neste proceso:
- Unificación das categorías de condutor do parque mobil da Vicepresidencia.
- Establecemento dun reparto equitativo das horas extras para todos os condutores, sen excepción.
- Comunicación das “gardas” por parte da Administración cunha anticipación mínima do mes anterior, así como dos servizos de incidencias tamén cunha semana de antelación.
- Inclusión dun precepto específico de condutores conforme ao decreto de dietas do estado no decreto de dietas da Xunta (da ª8: “Indemnización, dentro del término municipal, de los conductores …”).
⇒ Documento coas propostas da CSIF