MODIFICACIÓN A MEDIDA DO DECRETO 37/2006
CSIF SOLICITA A RETIRADA DA PROPOSTA E ESIXE A APERTURA DUNHA MESA DE NEGOCIACIÓN ESPECÍFICA PARA A NEGOCIACIÓN DUN NOVO DECRETO DE LISTAS.
A proposta inicial na que a Xunta de Galicia pretendía impoñer unha modificación puntual nos baremos de méritos, coa única finalidade de puntuar os servizos prestados na sociedade anónima de capital público SEAGA, rematou producindo ademais unha perda de valor da experiencia dos empregados públicos da Xunta en todas as listas de contratación.
Listas Xunta | Listas Incendios Xunta | |||||
Servizo en: | Anterior | Proposta | Variación | Anterior | Proposta | Variación |
Xunta | 0,25 | 0,15 | -0,10 | 0,45 | 0,30 | -0,15 |
Concellos | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,25 | 0,15 | -0,10 |
Entes instrumentais | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,15 | +0,15 |
O contrario do que di a Xunta, e algún medio de comunicación transcribe, A XUNTA NON VAI A DAR MAIS PESO Á EXPERIENCIA NA SELECCIÓN DE PERSOAL, ó contrario. Por ex., un administrativo antes necesitaba traballar 6 anos e 8 meses para chegar ó tope dos 20 puntos por experiencia, pero agora necesitará 11 anos e 2 meses para acadar a mesma puntuación.
ISTO É RESTAR VALOR Á EXPERIENCIA DOS EMPREGADOS PÚBLICOS NA XUNTA
Só CSIF se queixou desta redución masiva da puntuación de todo o persoal que prestou servizos na Xunta, e propón o mantemento do baremo dos servizos prestados na Xunta, e outras AAPP, e a ELIMINACIÓN DO TOPE MÁXIMO de puntuación para que PUNTÚEN TODOS OS SERVIZOS PRESTADOS. Este tope de puntuación carece de sentido tras anos de abuso e fraude nas contratacións temporais, con unha cantidade importante de persoal interino e temporal na Xunta de Galicia acumulando entre 15 e 20 anos de antigüidade.
A modificación presentada pola Xunta de Galicia non resolve ningunha das eivas do actual sistema de contratación. Non resolve o problema do castigo no fin da lista durante 4 meses, non resolve o problema da oferta dunha vacante “por unha soa vez”, non resolve o problema das suspensións de oficio (a famosa raia), non resolve o problema das penalizacións, non resolve o problema das “melloras de emprego”, non valora a formación, …, o que si fai e restar valor á experiencia do persoal da Xunta de Galicia.
A Xunta segue prexudicando ós traballadores (E NON O QUERE SOLUCIONAR) co incumprimento da Lei 16/2010 de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA), que establece o 01/07/11 como data límite para adaptar o decreto de listas e comezar a usalo para realizar as contratacións temporais nos distintos entes instrumentais pertencentes o sector público autonómico.
A CSIF solicita a retirada da proposta da modificación do Decreto 37/2006, e a apertura dunha mesa de negociación específica para a negociación dun novo decreto de listas, para resolver as eivas do actual e adecualo a normativa vixente, aprobada pola propia Xunta.