Resumo da Mesa Xeral dos Empregados Públicos do 05/02/2019

Nova informativa sobre a  Mesa Xeral dos Empregados Públicos, onde se abordaron os seguintes puntos:

I.- ACHEGOUSE O BORRADOR DO DECRETO DE MOBILIDADE DOS FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACIÓN XERAL.

Dende CSIF, como alegación de carácter xeral, manifestamos a necesidade de non pechar o texto nesta Mesa Xeral debido a:

  1. A importancia da norma que se negocia (que recolle dentro de o seu ámbito todos os procesos de provisión, incluída a nova regulación do Concurso Específico, así como a regulación do Reingreso no servizo activo e as rehabilitacións da condición de funcionario)
  2. A cantidade de preceptos que aínda quedaban sen pechar, con interpretacións pouco claras ou redaccións obscuras, que requiren de mellora.
  3. A falta de xustificación do rexeitamento das Alegacións formuladas por este sindicato, e por tanto a falta dunha verdadeira negociación que poida redundar na mellora do texto e consecuentemente, na mellora dos dereitos de mobilidade do persoal funcionario.

A DXPF, comprometeuse a vista do alegado a darlle “outra volta” ao texto e manter outra reunión coas Organizacións Sindicais antes da presentación do texto definitivo ante a Comisión de Persoal.

Consulta neste enlace as alegacións efectuadas por CSIF ao texto do Decreto⇒ https://heraldtoupeiras.es/wp-content/uploads/2018/10/II-ALEGACIONES-AL-DECRETO-DE-MOVILIDAD-31_10_20181.pdf

II.- ACHEGOUSE O BORRADOR DA MODIFICACIÓN DO DECRETO DE LISTAS.

Igualmente dende CSIF puxemos por diante a improcedencia de acometer un novo “parcheo” dun Decreto obsoleto, anterior non so a LEPG, senón que mesmamente e un Decreto que e preexisten ao EPEP.

Dende fai anos CSIF ven abogando pola súa substitución por un novo Decreto que se adapte por completo a tódolos e numerosísimos cambios lexislativos que operaron no eido da administración dende o  ano 2006.

Non obstante o anterior, CSIF se reitera nas alegacións xa formuladas por escrito no seu día, quedando a DXFP de enviar a súa contra proposta con anterioridade a celebración da Comisión de Persoal, se ben neste caso a diferenza do Decreto de Provisión non haberá mais reunións.

Consulta neste enlace as alegacións do CSIF ⇒ https://heraldtoupeiras.es/wp-content/uploads/2019/01/Alegacio%CC%81ns-CSIF-Decreto-listas.pdf

III.- PRESENTOUSE A NEGOCIACIÓN A ORDE DE CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS NA ESCALA SUPERIOR DE ESTÁTISTICOS.

 CSIF, alegou a necesidade de que o sistema selectivo a empregar sexa o Concurso Oposición, así como a necesidade de reducir o número de exercizos (5 no borrador) e a substitución na parte Xeral do Temario por un Anexo lexislativo, tal e como xa ocorre no Corpo Xeral, así como que a EGAP se encargue da elaboración do temario para afrontar o exame de desenvolvemento teórico.

 IV.- REMATOUSE A NEGOCIACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS DAS DISTINTAS ESCALAS DE GARDACOSTAS.

Sen avances na mesma, nin recoller ningunha das alegacións formuladas por este Sindicato.

V.- ACOMETEUSE UNHA NEGOCIACIÓN PUNTUAL DA RPT DE POLíTICA SOCIAL CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E EMPREGO.

A mesma foi debida uns erros materiais producidos na aprobación inicial da RPT  da mesma.