Cursos de lingua galega preparatorios das probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4:
Obxecto:
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1, 3 e 4).
Duración:
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, agás as excepcións reflectidas no anexo II (Programación de cursos Celga presenciais).
Destinatarios:
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periódicamente para certificar a competencia nesta lingua.
Solicitudes: Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento PL600A)