Comité de Seguridad e Saúde Laboral da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

(Reunión do 21 de febreiro de 2019).

O pasado día 21 de febreiro celebrouse pleno ordinario do comité de seguridade e saúde laboral da consellería de Medio ambiente Territorio e Vivenda no que se trataron os seguintes puntos, aínda que solicitan comezar co punto número sete da orde do día “Formación do persoal na aplicación de produtos biocidas”, motivado á designación polo CSIF dun asesor para intervir neste punto en concreto.

Designación dos novos membros do comité: neste punto desígnanse os novos membros do comité, entre eles, a presidenta do mesmo e queda como secretario un representante das OO.SS.

Aprobación da acta da sesión anterior: informan que o primeiro punto queda en suspenso, para a súa aprobación no próximo pleno ao non ser entregado o borrador da acta anterior para a súa revisión polos membros do comité.

Punto Formación do persoal na aplicación de produtos biocidas: A CSIF propuxo a introdución deste punto na orde do día e recorda que en plenos anteriores se debateu esta cuestión e non quedou aclarada. Solicita o informe no que se basea a consellería no que os produtos plaguicidas utilizados polo persoal da consellería para a retirada de niños de velaíña non é necesario unha capacitación para a aplicación dos biocidas. Pedímoslle que formen aos traballadores dotándoos coa capacitación correspondente e cumpra a lexislación nesta materia, como si se fai por exemplo en Asturias, Cantabria e Euskadi.

Por parte da consellería informan que non é necesario dita capacitación ao non ser un produto moi tóxico.

Cursos de formación sobre riscos específicos do seu posto de traballo para axentes facultativos medioambientais  Artigo 19 LPRL:

Informan que no DOG do mes de febreiro publicáronse os cursos de formación dirixidos aos axentes forestais, que teñen proba final e que son obrigatorios. A CSIF solicita que a formación abrigada polo artigo 19 da LPRL  se amplíe a tódalas restantes categorías laborais, tales como técnicos, capataces, peóns, Oficiais, vixilantes etc..

Equipos de protección individual no leito fluviais:

Recoméndase revisar avaliación sobre os vadeadores e proponse o uso de dispositivos semellantes pero máis seguros como poden os denominados traxes secos.

Roupa de traballo e  vehículos do persoal de Conservación da Natureza:

Neste punto, a proposta da CSIF, a consellería informa primeiro da roupa de traballo. Desta volta hai un novo atranco. Como a adquisición da roupa vai ser conxunta (laborais e axentes) e como o decreto de uniformidade dos axentes forestais non se publicou ao estar vencellado ás consellerías de Medio Ambiente e medio rural e esta última consellería  parece que ten atrancos para aprobación do decreto,  motivo polo que se está alongando os prazos para a adxudicación da roupa. O CSIF denuncia que xa os traballadores non recibe roupa de traballo dende xuño do 2015 cando a consellería debe dotar obrigatoriamente de roupa de traballo con unha periodicidade anual e bianual no caso do Persoal Laboral A CSIF comunica que  trasladará e denunciará esta situación ao órgano competente.

En canto a dotación de novos vehículos, informan que a Consellería debe cumprir unha serie de trámites previos para a adxudicación da nova flota de vehículos e si todo vai como teñen previsto, contan que en uns meses poderán entregalos. A CSIF recorda a existencia de vehículos en moi mal estado e pregunta si se vai a respetar o acordado  substituíndo os de peor estado polos novos e non como viña sendo ata o de agora.

Actuación sanitaria no coello de monte mixomatose: neste punto proposto pola CSIF informa a consellería que a mixomatose non é unha enfermidade zoonótica, que non se transmite ao ser humano, e que non afecta aos traballadores. A CSIF recórdalle que o persoal cando actúa non é coñecedor da enfermidade que padece o animal polo que hai que extremar a seguridade sempre. Trasladámoslle que o protocolo renovado en novembro de 2018 non foi achegado ao comité e que non todos os traballadores teñen coñecemento  do protocolo ademais indicámoslle algúns erros e defectos do plan de vixilancia sanitaria no coello do monte. A Consellería revisará a avaliación así como o protocolo de recollida de animais.

Despregamento de equipos Tetra: Comprobase no debate que non todos os traballadores de campo teñen equipos individuais tetra nin tampouco tódolos vehículos. A CSIF pregunta polo criterio que se estableceu no reparto de equipos tetra. Comprobase que en cada xefatura territorial estableceu un criterio diferente. Non entendemos como traballadores que realizan vixilancias en zona sen cobertura de telefono, ou os equipos de velutina que pola súa perigosidade  non se dotan de equipos tetra que posúen botón de emerxencias. Solicitase apertura de comunicación entre a consellería de Medio Ambiente e Medio Rural. Ademais de unha centraliña operativa tardes, noites e fins de semana.

Uso compartido para a retirada de niños velaíña: en algúns centros de destino compártense os vehículos en quendas de maña e tarde, e nestas quendas están incluídos  membros dos equipos de velaíña xunto coas ferramenta de traballo. A CSIF manifesta que estas situación non poden darse. Dende a consellería advirten que é unha cuestión de reorganizarse.

10º Plan de acción de oficinas do servizo  de Conservación da Natureza Semana verde: a consellería informa que acaba de recibir a avaliación de riscos da oficina que o servizo de Conservación de Pontevedra utiliza no distrito XVI Deza Tabeirós e que está situada nas instalacións da Fundación semana Verde de Silleda. A documentación van a poñela a disposición dos membros do comité e seguirá o tramite dado plan Acción correspondente.

11º Procedemento de seguimento do plans de acción:

A presidenta mostra un documento no que se establece o procedemento en canto ao seguimento dos plans de acción (persoas responsables e de comprobación, tempos e accións requiridas,. )Poñeraa a disposición dos membros do Comité o documento.

12º Rogos e preguntas:

CSIF  pregunta polos criterios que a consellería estableceu para o reparto dos EPIs entregados no mes de xaneiro. Denunciase por parte da CSIF que non a todo o persoal que realiza traballos en leitos fluviais se lle entregou vareadores, chalecos salvavidas, lanternas ou xel desinfectante.

Dende CSIF preguntamos  tamén porque se entregou botas de seguridade forestal a todo o persoal e non as de tipo treking, non se respetou as conclusións do grupo de traballo sobre roupa do persoal de conservación da natureza e que se aprobaron no último pleno extraordinario do comité.

A Consellería di que o reparto se organizou dende as correspondentes xefaturas territoriais.

En canto a pregunta sobre formación, a consellería manifesta que este ano é a que establece a consellería a través da EGAP publicada no DOG do 6 de febreiro. Así e todo, informa que algunha Dirección Xeral podería organizar algún curso de formación.  Faise fincapé na formación do persoal que no verán pasa a incendios a Medio Rural e do que poida ingresar a Medio Ambiente atraves da segunda actividade.

CSIF tamén pregunta pola formación do persoal dos parques en materia de incendios dado que no verán en algúns centros de destino adaptan os vehículos de vixilancia con cubas e bombas de auga para extinguir lumes. A Consellería non lle constan estes feitos.

A CSIF pregunta si se están a enviar enquisas de avaliación do posto a tódolos traballadores. A consellería confirma o envío por enderezo electrónico. Neste senso, dende CSIF insistimos en que revisen se foi enviado e entregados a tódolos traballadores.