Temarios definitivos dos procesos selectivos de consolidación (persoal laboral) e estabilidade e acceso libre (persoal funcionario), derivados das OPE’s 2017, 2018 e 2019, aprobados na Comisión de Persoal celebrada o pasado día 21 de novembro de 2019.
Os borradores dos procesos selectivos foron aprobados na Comisión de Persoal co seguinte sentido do voto:
Bases dos procesos selectivos GI/A1: Voto en contra da CSIF, CCOO e UGT. A CIG non se pronunciou.
Bases dos procesos selectivos GII/A2: Voto en contra da CSIF, CCOO e UGT. A CIG non se pronunciou.
Bases dos procesos selectivos GIII/C1: Voto favorable de CCOO e UGT. Voto en Contra da CSIF. A CIG non se pronunciou.
Bases dos procesos selectivos GIV/C2: Voto favorable de CCOO e UGT. Voto en contra da CSIF. A CIG non se pronunciou.
O prazo para a realización do primeiro exercicio queda establecido nun mínimo de catro meses dende a publicación das bases das respectivas convocatorias no DOG.
Modificacións producidas nos temarios das diversas convocatorias: ⇒Documento