Funcionarización: nova información sobre as prazas

A Dirección Xeral de Función Pública achega novos anexos das convocatorias dos procesos de funcionarización con máis información (catro números do DNI e iniciais do nome e apelidos) para facilitar a localización das prazas e persoas interesadas.

Ademais, tamén se amplía o prazo de alegacións tanto para estes anexos como para a convocatoria. A nova data é o 14 de xaneiro ás 14 horas.

Aquí tes os anexos dispoñibles:

Anexo prazas con NIF A1

Anexo prazas con NIF A2

 

Anexo prazas con NIF B+C1

Anexo prazas con NIF C2

Anexo prazas con NIF AP