Novas facilitadas por Función Pública na xuntanza previa á Comisión de Personal relativa aos procesos selectivos de veterinarios:
– Nos dous procesos selectivos de veterinarios (Grupo I, categoría V e grupo A1) establecerase un só exercicio tipo test coas mesmas características que o de Biólogos e tamén co mesmo tempo.
– A experiencia profesional será obxecto dun novo estudo para valorar modificacións na mesma.
– En canto o temario:
Na parte xeral suprímese a Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.
Na parte específica realizan as seguintes modificacións:
· Tema 3: Na Lei 33/2011, solo entraría Título Prelimar e Título Primeiro.
· Tema 9: elimínase a expresión “regulamentos que o desenvolven”.
· Tema 16: elimínanse os anexos I e V do Real Decreto 140/2003.
· Tema 33: elimínase por estar repetido.
· Tema 49: elimínase o Regulamento 1924/2006.
· Tema 51: o Regulamento 1224/2009 queda acotado a disposicións xerais, principios xerais e control de comercialización.
Seguen abertos a novas acotacións nos temas sempre que sexan presentadas as alegacións antes da Comisión de Persoal, na que se tratará este tema, e que terá lugar o martes 4 de febrero de 2020.