Novas de promoción interna e funcionarización

Información facilitada polo Director Xeral de Función Pública o día 30 de xaneiro de 2020.

Promoción Interna de funcionarios de carreira:

As convocatorias dos novos procesos selectivos serán publicadas no DOG o día 31 de xaneiro de 2020.

A próxima semana publicarase o resultado da fase de concurso da promoción interna pendente de resolución.

Funcionarización:

– Dende Función Pública sinalan que existen pazas que irán nunha segunda fase é que son as do persoal procedente de integracións do persoal laboral dos entes instrumentais. Ditas prazas serán detalladas na oferta de emprego que pretenden aprobar neste primeiro trimestre do ano. Nesta segunda fase, tamén, poderían ir as de aqueles traballadores que tiñan sentenzas pero, en todo caso, estas prazas van a ser obxecto de estudo (según DXFP son 6 os traballadores afectados)

– O Director Xeral de Función Pública afirma que en cada proceso convócanse categorías completas e que, polo tanto, todo o persoal laboral fixo desa categoría ten que estar no anexo de prazas correspondente. Por si existen erros, sinalan que existirá un prazo para solicitude de corrección de erros nos códigos para todas aquelas persoas que non atopen a súa praza na categoría que debería ter.

– Manifestan que van a incluír todas as prazas que teñen que ir, con independencia de que a persoa solicitase ou non a carreira profesional.

– Todos aquelas persoas que non se presenten por unha causa xustificada de forza maior poderán presentarse en vindeiras convocatorias.

– En canto o persoal que está en excedencia por estar desempeñando un posto como funcionario interino pensan que a solución pode pasar polo reingreso deste persoal ao seu posto de laboral fixo e asignación de código da praza correspondente e así participar no proceso de funcionarización. Pero non aclaran si finalmente entrarían neste proceso ou ben en futuros procesos de funcionarización.

–  Emprazan para o próximo martes, no que este tema irá a Comisión de Persoal.

Outras informacións:

As listaxes de admitidos e excluídos dos procesos selectivos xa convocados faranse públicas no prazo de  3 a 5 semanas.

NOTA IMPORTANTE:

CSIF non asume como propias nin se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo Director Xeral de Función Pública. Así como tampouco do cumprimento dos prazos nin dos cronogramas facilitados.

En consecuencia, CSIF declina calquera responsabilidade polos incumprimentos que se podan producir.

Unicamente facemos de correa de transmisión entre Función Pública e os traballadores.