CSIF reclama un acordo de lexislatura para recuperar o 17,9% que perderon os salarios dende 2010

A Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) reclama ao Goberno un novo acordo salarial que dea continuidade á recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos anos.

CSIF agarda que comece axiña a negociación dun acordo de lexislatura que permita recuperar a estrutura salarial previa ao recorde de entre o 5% e o 10% que se executou en 2010 e atallar así definitivamente a perda de poder adquisitivo que arrastran dende entón os empregados e as empregadas públicas e que se sitúa entre o 12,9% e o 17,9%.

ANO IPC INCREMENTO DIFERENZA/PERDA
2010 3,00 -5,00 / -10 (recorte salarial). -8,00 / -13
2011 2,38 0,00 -2,38
2012 2,87 0,00 -2,87
2013 0,25 0,00 -0,25
2014 1,00 0,00 -1,00
2015 0,00 0,00 0,00
2016 1,57 1,00 -0,57
2017 1,11 1,00 -0,11
2018 1,18 1,75 0,57
2019 0,8 2,5 1,70
-12,91 – 17,91

Mentras tanto, CSIF confirmou que os departamentos dos ministerios recibiron xa instrucións e as modificicacións dos programas informáticos nos que se confeccionan as nóminas para facer efectiva a subida no mes de febreiro. A central fará seguimento para confirmar que se realizan os pagos sen máis demoras.

CSIF agarda que as políticas en materia de Administracións Públicas regresen ao centro das políticas do Estado cun plan de choque sobre os cadros de persoal (nos vindeiros 10 anos vanse xubilar 905.000 persoas), así como que se acade un novo acordo para a mellora do emprego público e das retribucións, xa que o vixente expira este ano.

Dende CSIF tendemos a man para acadar acordos sólidos en ámbitos como a carreira profesional, a avaliación do desempeño, a homologación de retribucións entre administracións e a estabilidade e mellora na calidade do emprego, entre outras medidas, moitas delas contidas no acordo de goberno asinado entre PSOE e Unidas Podemos.