CSIF Ayuda ofrece asesoramento integral a persoas afiliadas ante situacións de acoso ou violencia no traballo

  • A CSIF inicia unha nova campaña de difusión deste servizo co lema ¡Nos mojamos!

A Central Sindical Independiente y de Funcionarios aposta por conseguir entornos laborais nos que prevaleza o respecto. Por iso, creamos hai tres anos o gabinete CSIF Ayuda, que dispón dunha oferta integral para as persoas afiliadas que van dende o asesoramento xurídico ata o psicolóxico, pedagóxico e psicosocial con total confidencialidade.

CSIF Ayuda lanza agora unha nova campaña, chamada ¡Nos mojamos!,  que afonda na visibilización social dunhas situacións intolerables e moi dolorosas e que, ao tempo, pretende chegar ás persoas que están sufrindo para ofrecerlles unha saída.

CSIF Ayuda recibe a diaria consultas de centros de traballo de toda España relacionadas con acoso laboral, agresións, episodios da Síndrome do Profesional Queimado (Burnout) e estrés. O gabinete vén constando neste tempo que estas situacións son unha constante, a miúdo silenciada por descoñecemento dos protocolos de atención, temor a represalias ou vergoña. Ante esta realidade, CSIF ten abertas diferentes vías de contacto para as persoas afiliadas:

Formulario de contacto online

Buzón de consulta

-Información dispoñible na páxina web de CSIF Ayuda