Información dirixida aos traballadores públicos dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia.
A contorna das instalacións da Xunta de Galicia en San Caetano cambiará dende o sábado 29 a organización do tráfico debido ás obras que se van realizar no cruce da rúa dos Concheiros coa avenida de Lugo.
O plan de circulación provisional, que entrará en funcionamento o sábado 29 ás 9 horas, suporá que na avenida de Lugo queden habilitados dous carrís en sentido ascendente e dous en descendente, empregándose para iso as vías de servizo. Tamén se habilitarán dúas glorietas provisionais, unha xunto ao centro de saúde de Fontiñas e outra á altura da estación de autobuses en Rodríguez de Viguri.
A rúa Londres será de sentido único descendente e a rúa Berlín, de sentido único ascendente. Tamén se disporán recomendacións na SC-20 (o ‘Periférico’) para que os vehículos que se dirixen ao centro comercial As Cancelas ou á Xunta se desvíen pola rúa Roma.
A partir do luns 2 de marzo os traballos desta primeira fase de obras tamén afectarán as calzadas.