Nota informativa da reunión celebrada o día 27 de febreiro de 2020
1: Constitución do novo Comité e aprobación do Regulamento. 2: Escritos recibidos. 3: Solicitude de xuntanza cos catro comités de Política Social a proposta do Comité de Política Social da Coruña. 4: Procesos de funcionarización. Dudas e inquedanza dos traballadores.1. Constitución do novo Comité e aprobación do Regulamento.
O Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia , mudou a súa composición despois das pasadas elecións sindicais, quedando a representatividade do seguinte modo:
CSIF, 3 representantes
CIG, 4 representantes
CCOO, 4 representantes
UGT, 2 representantes
Apróbase por unanimidade o Regulamento do Comité.
2. Escritos recibidos
a) Recíbense 8 novas adscricións temporais e 16 prórrogas.
Visto a cantidade de papel que a Administración remite con cada resolución de adscrición nova ou prórroga, acórdase por unanimidade solicitar a Función Pública o envío das comunicacións de adscricións, superiores categorías, ou prórrogas quincenalmente e por correo electrónico.
b) Recíbense tres escritos do Comité de Política Social de Ourense con respecto aos PSX, XEROCULTORES e MESTRES E EDUCADORES, no senso de que están a realizar máis funcións das que lle corresponden .
Acórdase remitir escritos a Función Pública, ao Xerente do Consorcio e á Consellería de Política Social para que se dean as instrucións precisas para que se cumpran as funcións que realmente lle corresponden ao persoal.
3. Solicitude de xuntanza cos catro comités de Política Social a proposta do Comité de Política Social da Coruña.
Acórdase convocar aos catro Comités para o vindeiro martes día 3 ás 9:30h para chegar a acordos de medidas a adoptar ante a precariedade laboral que sofren os centros desta Consellería.
Posteriormente, entre as 11:30h e 12:00h rolda de prensa diante da Residencia Asistida Volta do Castro, invitando tamén a todos os grupos parlamentarios.
4. Varios: Procesos de funcionarización. Dudas e inquedanza dos traballadores.
Ante as múltiples cuestións formuladas polos traballadores manifestando as súas inquedanzas e descoñecemento sobre os procesos de funcionarización, a proposta da CSIF acórdase por unanimidade solicitar unha xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública para aclarar todas as cuestións suscitadas. Cuestións relativas, entre outras, a como van quedar as distintas RPT’s, cales van ser os niveis que van ter os distintos postos, etc.
Tal e como ven denunciando CSIF dende o comezo da negociación dos procesos de funcionarización, o escurantismo e a falta de transparencia é de tal calibre que os propios delegados dos sindicatos que apoiaron a funcionarización (CCOO e UGT), votaron a favor de manter unha reunión con Función Pública para clarexar as dúbidas existentes e obter información acerca da funcionarizacíon.