Resumo das medidas acordadas polo Centro de coordinación operativa (CECOP).
Información relativa ás medidas adoptadas polo CECOP no ámbito dos traballadores da Administración da Xunta de Galicia
RESUMO DAS MEDIDAS
1. Todas as persoas empregadas públicas que poidan teletraballar se quedarán na súa casa teletraballando.
2. Resto do personal que non poida teletraballar: quedarase na súa casa, salvo que realice funcións esenciais (funcións desempeñadas polo persoal directivo, seguridade, mantemento de edificios, comunicación e outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información, pagamento a proveedores, habilitacións, garderías forestal e ambiental, centros de recuperación da fauna e razas autóctonas, as propias do servizo de gardacostas de Galicia, sevizos de alertas sanitiarias en tódalas súas modalidades, servizos de inspección de saúde pública, sevizos de prevención e extinción de incendios de Galicia así como todas aquelasl que determinen os órganos directivos por considerarse necesarias para garantír a continuidade das funcións básicas )
3. Se teñen que facerse presencialmente se establecerán quendas e se minimizarán os riscos de contaxio laboral
4. Tódolas persoas empregadas públicas deberán estar localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo se se lles require .
5. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mas de seis unidades permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro das 10:00 ás 13:00 horas.
6. Duración das medidas: mentres dure a situación extraordinaria.