CSIF pídelle a Función Pública que determine claramente si o traballador pode interromper a súa actividade cando a falta de dotación de EPI’s supón un risco grave e inminente para a súa saúde e si elo pode conlevar calquera tipo de responsabilidade
CSIF presentou no día de onte ante a Dirección Xeral de Función Pública o seguinte escrito:
«No ámbito da prestación de servicios nos centros da consellería de Política Social, tanto a través dos nosos delegados de prevención de riscos laborais como a través dos propios afiliados, estanse a recibir multitude de queixas relativas á situación de risco para a saúde á que están expostas as persoas traballadoras que están a prestar servizos nos ditos centros. E estámonos a referir tanto traballadores da propia consellería como do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
En moitos casos se lle encomenda a atención e o coidado de persoas infectadas por coronavirus a traballadores que carecen da oportuna titulación sanitaria, e aos que tampouco se lles dou a pertinente e previa formación mínima sanitaria.
Ademais, e con carácter xeneralizado, o persoal que está a prestar servizo en centros de maiores e de persoas dependentes ten que realizar as súas funcións sen que se lles dote dos EPI’s necesarios que a distinta normativa establece como adecuados en materia de exposición a riscos biolóxicos. Todo elo co conseguinte risco para a súa saúde.
Esta situación se está a dar mesmo en centros de atención directa a persoas infectadas polo virus Covid-19
Ante tal situación, os traballadores atópanse nunha situación delicada. Por un lado están a ser requiridos polos seus superiores para que desempeñen as súas funcións. Por outro lado non se lles dota dos medios de protección necesarios para a súa saúde.
Por tal motivo, entendemos necesario e urxente que por parte desa Dirección Xeral se concrete de maneira expresa a esta Central Sindical o seguinte:
- se no caso de que se constante fehacientemente a falta de dotación de equipos de protección individual e que elo conleve un risco grave e inminente para a súa saúde, é causa suficiente para que o traballador interrompa a súa actividade e abandone o seu lugar de traballo
- se o abandono do lugar de traballo polas causas expostas pode dar lugar a incoación dun expediente disciplinario ou de calquera outro tipo.»
Os empregados públicos están a dar o mellor de si e amosando que son garantes do noso Estado de Benestar e merecen, ademais de todo o recoñecemento, a protección da súa saúde.