Aclaración sobre permiso recuperable retribuído

En relación coa aplicación do Real Decreto Lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa finalidade de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita conta o COVID-19, Función Pública ven de informar canto segue:

De conformidade co criterio remitido no día de onte polo presidente da
Comision de Coordinación do Emprego Público do Reino de España, o
devantito Real Decreto-Lei é unha norma de caractér laboral que non
inclúe no seu ámbito de aplicación ao persoal funcionario, nin ao laboral
das administracións públicas, sendo a súa finalidade reducir a
mobilidade. Consecuentemete neste ámbito público non é de aplicación
o permiso retribuído recuperable ao noso persoal funcionario e laboral.
É de salientar, ademais, que segue en vigor a Instrución conxunta do 13
de marzo da Dirección xeral e Avaliación e Reforma Administrativa e da
Dirección xeral da Función Pública para a aplicación dos apartados
quinto e oitavo do Protocolo de actución para o persoal empregado
público da administración da Xunta de Galicia en relación co COVID-19.
Dita instrución ademais mantén a súa vixencia e prorroga dos prazos
que sinala polo Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP)
mentras estea vixente a declaración do estado de alarma e a situación
de emerxencia sanitaria