Procesos selectivos: Nota aclaratoria sobre suspensión de prazos

Aclaración sobre as resolucións da Consellería de Facenda publicadas no DOG relativas a procesos selectivos

No Diario Oficial de Galicia estanse a publicar diferentes resolucións da Consellería de Facenda relativas a procesos selectivos. Nas ditas resolucións establecen determinados prazos para facer alegacións, interpoñer recursos administrativos, etc. que están a xerar dudas aos participantes.

A fin de dar resposta as múltiples consultas formuladas a este sindicato, consideramos preciso aclarar que todos os prazos administrativos están en suspenso. E elo en virtude do disposto na Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Dita suspensión de prazos afecta igualmente aos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda, tal e como así o ratificaron no día de hoxe a CSIF dende a Dirección Xeral de Función Pública.

O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o estado de alarma o, no seu caso, as prórrogas do mesmo