O Ministerio de Sanidade e o ISSGA declaran como traballadores especialmente vulnerables ou sensibles aos maiores de 60 anos e ás persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade hepática crónica, enfermidade pulmonar crónica, enfermidade renal crónica, inmunodeficiencia, cáncer en fase de tratamento activo e embarazo.
No día de hoxe, a CSIF ven de solicitar a Función Pública a exclusión automática nos chamamentos para a incorporación ou posta a dispor dos empregados públicos maiores de 60 anos, calquera que sexa a súa natureza contractual ou grupo profesional.
Igualmente, e con respecto aos chamamentos que se están a realizar, solicitou remisión diaria dos datos actualizados dos chamamentos que se están a efectuar, tanto de incorporación como de posta a dispor, con indicación do centro de orixe e de destino do traballador/a, dos criterios que foron seguidos para tal chamamento así como para a encomenda de funcións distintas ao posto de traballo, categoría ou especialidade:
Escrito presentado ante a Dirección Xeral de Función Pública:
«A resolución do 30 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do CECEOP do 30 de marzo de 2020 establece o “Protocolo de actuación que se seguirá para a adopción, como medida excepcional, da realización de servizos asistencias en centros residenciais para facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”
O dito protocolo, no seu apartado “Primeiro”, establece no punto I.3 uns criterios de preferencia para a incorporación ou posta a disposición de empregados públicos ben da Consellería de Política Social como doutras consellerías, en caso de insuficiencia ou inadecuación do persoal da Consellería de Política Social:
- a) Ofrecemento voluntario do persoal
- b) Proximidade xeográfica do posto de traballo do persoal afectado co centro en que se precisas os seus servizos
- c) Menor idade
- d) Menores cargas familiares.
O citado protocolo unicamente exceptúa do seu ámbito de aplicación ás mulleres xestantes que se encontren en estado de xestación.
Sen embargo, tanto a guía de Procedemento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la exposición del Sars-Cov-2, elaborada polo Ministerio de Sanidade, como as propias Recomendacións de prevención no traballo fronte ao Coronavirus do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) establecen como traballadores especialmente vulnerables ou sensibles
1) Maiores de 60 años
2) Persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade hepática crónica, enfermidade pulmonar crónica, enfermidade renal crónica, inmunodeficiencia, cáncer en fase de tratamento activo e embarazo.
Tal casuística foi así definida polo propio Ministerio de Sanidade en función da evidencia científica dispoñíbel a data 23 de marzo de 2020, sen que houbera cambios da data de hoxe.
Se ben para a determinación das patoloxía referidas no punto 2) faise preciso que polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais se estableza a natureza de especial sensibilidade da enfermidade, a idade é un factor obxectivo que non require avaliación nin determinación previa polo servizo de PRL.
Nos chamamentos que se están a facer dende a Administración, ben para a incorporación do empregados público ben para a súa posta a dispor, non se está a ter en conta a especial vulnerabilidade dos traballadores, atendendo unicamente aos criterios de preferencia establecidos no Protocolo de actuación en centros residenciais.
Tampouco parece que se cumpra en moitos casos o criterio de proximidade xeográfica, tendo constancia este sindicato de varios casos nos que se pretende o traslado a mais de 100 km de distancia do posto de traballo,
Asemade, nos supostos de insuficiencia ou inadecuación do persoal de Consellería de Política Social ou das entidades do sector público dependentes, se establece que comunicaranse as necesidades de persoal á Dirección Xeral de Función Pública, para que esta proceda a identificar, coa maior urxencia posible, empregados públicos ou traballadores coas categorías ou titulacións adecuadas doutras consellerías ou entidades do sector público autonómico de que haxa constancia na dita dirección xeral, indicándolles que quedan á disposición da Consellería de Política Social ou entidades do sector público dependentes que teñan a necesidade de persoal e en expectativa de recibir as ordes pertinentes destas.
Nestes momentos, esta Central sindical descoñece os criterios seguidos para a identificación das categorías ou titulacións adecuadas seleccionadas pola Dirección Xeral de Función Pública en relación coas funcións a desenvolver no ámbito da Consellería de Política Social.
Neste senso, lembramos que o xa referido Protocolo de actuación para a realización de servizos asistencias en centros residenciais, establece no seu apartado Primeiro, Punto V que “a adopción das medidas indicadas nos números anteriores comunicaranse ás organizacións sindicais para permitirlles o exercicio das funcións que lle son propias.
Dito protocolo foi publicado o día 30 de marzo de 20202 e xa se están a facer os chamamentos de incorporación ou de posta a dispor dos empregados públicos sen que, a data de hoxe, a esta Central Sindical lle fora transmitida información ningunha.
Por todo o antedito, dende a CSIF SOLICITAMOS:
Primeiro: A exclusión automática nos chamamentos para a incorporación ou posta a dispor dos empregados públicos maiores de 60 anos, calquera que sexa a súa natureza contractual ou grupo profesional.
Isto sen prexuízo de que o empregado público acepte voluntariamente e baixo a súa responsabilidade a incorporación ou a posta a dispor unha vez informado que pola súa idade está considerado como persoal especialmente sensible ou vulnerable.
Segundo: A remisión diaria dos datos actualizados dos chamamentos que se están a efectuar, tanto de incorporación como de posta a dispor, con indicación do centro de orixe e de destino do traballador/a, dos criterios que foron seguidos para tal chamamento así como para a encomenda de funcións distintas ao posto de traballo, categoría ou especialidade.
Así mesmo, REITERAMOS a solicitude formulada o día 3 de abril de 2020 ante esa Dirección Xeral, relativa á remisión diaria aos delegados de prevención da CSIF dun informe comprensivo da situación dos empregados públicos en illamento, con test positivo, hospitalizados, en UCI, e os que foron dados de alta.»