Cando un traballador este nun dos grupos considerados vulnerables polo Ministerio de Sanidade deberá ser valorado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais. No caso de que non haxa posibilidade de adaptación ao posto de traballo, protección adecuada que evite o contacto ou de reubicación a outro exento de risco emitirá un informe recomendando pasar a situación de baixa laboral.
Protocolo elaborado pola Subdirección Xeral de Inspección, Auditoria e Acreditación de Servizos Santitarios. (Pódese descargar o documento orixinal ao final do texto)
PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN NA INCAPACIDADE TEMPORAL NA ATENCIÓN
PRIMARIA FRENTE Á EXPOSICIÓN AO NOVO CORONAVIRUS EN GALICIA NO CASO
DE PROFESIONAIS SANITARIOS E SOCIOSANITARIOS
I.- MANEXO DE CASOS
Os casos clasificaranse do seguinte modo:
Caso confirmado: caso que cumpre o criterio do laboratorio (PCR positiva)
Caso probable:
• Caso con criterio clínico e radiolóxico de pneumonía bilateral intersticial
compatible cun diagnóstico de COVID-19 ao que non lle fixeron unha proba
microbiolóxica.
• Caso cuxo resultado de laboratorio non é concluínte.
• No caso dun brote nunha institución pechada (centro sociosanitario,
institución penitenciaria…) os contactos dun caso confirmado que
desenvolvan sintomatoloxía compatible co COVID-19, aos que non se lles
faga a proba diagnóstica, serán clasificados como caso probable.
Caso descartado: caso cuxo resultado de laboratorio é negativo.
Caso posible: caso con infección respiratoria aguda leve ao que non lle fixeron
proba de diagnóstico microbiolóxico.
PROCEDE A BAIXA LABORAL NOS “CASOS CONFIRMADOS”, “PROBABLES” E
“POSIBLES”
Caso confirmado: código: B34.2
Caso probable: código Z20.828
Caso posible: código Z20.828
A duración da baixa laboral, e por conseguinte a reincorporación á actividade laboral, dependerá da avaliación que se faga en cada caso e da realización ou non de proba diagnóstica microbiolóxica.
1.- Cando este indicada a realización de PCR: deberá realizarse aos 7 días do inicio
dos síntomas, sempre e cando a persoa non teña febre sen que estea a tomar
antitérmicos e presente melloría clínica nos últimos 3 días.
a) Se a PCR é negativa e o proceso respiratorio está resolto: o traballador
pode ser alta laboral aos 7 días dende o inicio dos síntomas, con indicación
de uso de máscara cirúrxica ata completar os 14 días dende o inicio dos
síntomas, evitando durante ese tempo o contacto con pacientes
inmunodeprimidos.
b) Se a PCR é positiva, deberá completar o período de illamento de 14 días
e repetir a PCR ao finalizar, que no caso de que sexa negativa poderá ser
alta laboral. No caso de ser positiva, deberá repetirse a PCR ás 72 horas.
2.- Nos casos nos que non se realice a proba diagnóstica microbiolóxica: o traballador pode ser alta laboral aos 7 días dende o inicio dos síntomas en ausencia de febre sen que estea a tomar antitérmicos, e con melloría clínica nos últimos 3 días e sempre que estea resolta a clínica respiratoria. Indicarase o uso de máscara cirúrxica ata completar os 14 días dende o inicio dos síntomas, evitando durante ese tempo o contacto con pacientes inmunodeprimidos.
3.- Os traballadores sanitarios cun cadro clínico grave que requiren ingreso hospitalario poderán recibir a alta hospitalaria se a súa situación clínica llo permite aínda que a PCR sega sendo positiva, mais deberán manter illamento domiciliario con monitorización da súa situación clínica polo menos durante 14 días tras a alta hospitalaria, sempre que o cadro clínico este resolto ou ata o PCR negativo. Os casos ingresados que á alta teñan un resultado de laboratorio negativo poderán reincorporarse ao seu traballo, sempre que a súa situación clínica o permita.
II.- TRABALLADORES ESPECIALMENTE SENSIBLES
O Ministerio de Sanidade definiu como grupos vulnerables para Coronavirus as persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular (incluída hipertensión), enfermidade hepática crónica, enfermidade pulmonar crónica, enfermidade renal crónica, inmunodeficiencia, cáncer en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos.
Cando un traballador este nun destes grupos deberá ser valorado polo Servizo de
Prevención de Riscos Laborais. No caso de que non haxa posibilidade de adaptación
ao posto de traballo, protección adecuada que evite o contacto ou de reubicación a
outro exento de risco emitirá un informe recomendando pasar a situación de baixa
laboral.
O traballador remitirá o informe ao seu MAP quen valorará a emisión do parte de baixa laboral co código Z20.828
III.- MANEXO DE CONTACTOS
Os contactos clasifícanse do seguinte xeito:
• Contacto estreito con caso posible, probable ou confirmado de COVID-19 con
uso adecuado do EPI.
• Contacto estreito con caso posible, probable ou confirmado de COVID-19 sen
uso do EPI.
• Contacto casual con caso posible, probable ou confirmado de COVID-19 sen uso
do EPI.
A valoración de risco será realizada polos Servizos de Prevención que deberán levar a cabo unha avaliación individualizada do risco.
Considerarase como EXPOSICIÓN DE ALTO RISCO se se realizaron procedementos
que xeraron aerosois, como a aspiración do tracto respiratorio, intubación, broncoscopia ou manobras de reanimación sen o uso do EPI. Terase en conta o servizo no que o profesional desenvolve a súa actividade asistencial (unidades con pacientes especialmente vulnerables como hematoloxía, UCI, oncoloxía ou unidades de queimados) así como os factores de risco do profesional.
PROCEDE A BAIXA LABORAL (código Z.20.828)
Nos contactos estreitos cun caso posible, probable ou confirmado de COVID -19 sen uso do EPI cando a exposición sexa valorada de alto risco procede a baixa laboral por illamento domiciliario durante 14 días con vixilancia activa dos síntomas. Procede valorar a realización aos 7 días dun test diagnóstico por PCR que no caso de ser negativa deberá reincorporarse á actividade asistencial con indicación de uso de máscara cirúrxica e luvas. Se a PCR é positiva valorarase tal e como se indicou no Manexo de casos.
NON PROCEDE A BAIXA LABORAL:
• Nos contactos estreitos cun caso posible, probable ou confirmado de COVID -19
cun uso adecuado do EPI.
• Nos contactos estreitos cun caso posible, probable ou confirmado de COVID -19
sen EPI cando a exposición non sexa valorada como de alto risco polo Servizo
de Prevención de Riscos Laborais
• Nos contactos casuais.
IV.- CONTINXENCIA
Os partes de baixa deberán ser emitidos como Enfermidade Común. O RD Lei 6/2020, do 10 de marzo, considerou estas situacións como asimiladas aos efectos económicos de accidente de traballo. Por tal motivo, aínda que a baixa sexa por enfermidade común, cando os códigos diagnósticos sexan correctos, o INSS, mediante un procedemento interno, convérteos en accidente de traballo.
En consecuencia, é preciso que os partes de baixa esten ben codificados.
Os códigos válidos para a mecanización informática destes son os seguintes:
(1 Os contactos con clínica compatible con infección por COVID-19: consultar Manexo de casos).
B34.2: infección debida a coronavirus non especificada.
Z20.828: contacto e (sospeita de) exposición a outras enfermidades
víricas transmisibles.
V.- TRAMITACIÓN
Serán os médicos do Servizo Galego de Saúde os que emitan os partes de baixa e alta en todos os casos de afectación por coronavirus, tanto na situación de illamento como de enfermidade e a todos os traballadores/as que pola súa situación clínica ou indicación de illamento o precisen.
Os partes de baixa, confirmación e alta poderán ser emitidos sen a presenza física da persoa traballadora deixando, en todo caso, reflectidos no IANUS, os rexistros do motivo da baixa e a evolución clínica, se procede.
Cando se teña coñecemento do período de illamento/contaxio ou enfermidade con
posterioridade ao inicio do mesmo, emitiranse os partes con carácter retroactivo.
ESTE PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN ESTÁ SUXEITO A UNHA CONTINUA
ACTUALIZACIÓN
Consulta aquí o Protocolo