Decreto de listas: Resolución pola que se declaran actuacións administrativas automatizadas no ámbito do Decreto 37/2006

Aclaracións respecto a  resolución do 31 de marzo de 2020, pola  que se declaran actuacións administrativas automatizadas no ámbito do Decreto 37/2006.

No DOG de hoxe publícase a resolución conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola  que se declaran actuacións administrativas automatizadas no ámbito do Decreto 37/2006.

Ante as numerosas consultas que se están a recibir en CSIF, unha vez feitas as consultas na Dirección Xeral de Función Pública,  facemos as seguintes aclaracións:

Primeira: Esta publicación é un acto formal esixido polas leis para que a Administración poda implantar o novo sistema de notificación electrónica.

Segundo: O novo sistema de notificación electrónica non se implantará de maneira inmediata. A súa implementación será paulatina, empezando por listas con un número reducido de integrantes para ir testando o programa.  Ata despois do verán non está prevista a súa aplicación de modo xeneralizado. Pero elo unha vez comprobado que o programa funciona correctamente.

Terceiro: A través deste novo sistema de notificación electrónica, a persoa integrante da lista correspondente recibirá un SMS no teléfono móbil. A través dese SMS poderase entrar directamente na aplicación informática, sen necesidade de ser usuario do sistema “Chave365” ou “Certificado Dixital.

Cuarto: Dende a propia aplicación informática a persoa integrante da lista poderá efectuar todos os trámites precisos sen necesidade acudir en persoa a unha oficina da  Administración.

Segundo información da Dirección Xeral de Función Pública, trátase dun sistema novidoso que ten por finalidade a axilización dos trámites administrativos así como aforrarlle ás persoas integrantes das listas os gastos de desprazamento que ditos trámites implican.