O SERGAS considera que a petición de material que fai a Consellería de Política Social é desmedida e non o proporcionan. Nota Informativa da videoconferencia coa Secretaría Xeral de Política Social celebrada o día 24 de abril de 2020.
Na videoconferencia que se realizou o día 24 de abril de 2020, CSIF trasladou a situación na que se está a traballar nos centros de Política Social e formulou as seguintes cuestións.
1.Petición de persoal
Dende que saíu a orde do ministerio de sanidade (SND/265/2020, de 19 de marzo, de adopción de medidas relativas ás residencias de persoas maiores e centros sociosanitarios...) nos centros están traballando cos mínimos efectivos posibles, pero a orde di que isto só se pode facer na medida do posible no caso de contacto directo con residentes afectados (posibles ou positivos) de COVID-19. Esta situación non se pode manter así moito tempo, o persoal está esgotado e é moi fácil baixar a garda na prevención debido á extenuación.
A organización do traballo veuse modificada dende a sectorización dos residentes o que sen dotación de personal provoca sobrecarga nas traballadoras.
Fai falta reforzo de persoal en xeral, pero sobre todo reforzo de auxiliares de enfermería e camareiras/limpadoras:
- Residencia Asistida de Oleiros.
- CRAPD de Vigo.
- Residencia Asistida de Volta do Castro.
- Residencia do maior de Pontevedra
Resposta da SX
Estanse cubrindo tódalas peticións de reforzo e substitución que lles solicitan, pero van dar traslado da necesidade de reforzar estes centros.
2. Tramitación de permisos por deber inexcusable.
As traballadoras dalgúns centros de Política Social, teñen problemas na tramitación/concesión de ditos permisos.
Resposta SX
Que se lle de traslado dos centros nos que teñen problemas para valorar os casos e as posibles solucións.
3. Situación do persoal especialmente sensible.
Dende que se decretou o estado de alarma sanitaria, as traballadoras con patoloxías consideras de risco solicitaron a tramitación da baixa por una posible exposición ao covid-19, moitas delas debido a pouca axilidade na tramitación polo servizo de prevención de riscos seguen traballando nos centros e incluso están expostas a un nivel moi elevado de riscos biolóxicos nas unidades de illamento por COVID-19.
Resposta do Técnico de Prevención
Os que xa están tramitados era coa anterior normativa, a partir do día 8 de abril mudou, os centros que están no nivel de risco I da táboa non se tramitan e só se tramitan a partir do nivel de risco II , ese trámite e resolución realízase de forma áxil nun período de 24 horas.
Actualmente estanse tramitando no CRAPD de Vigo, CAPD de Sarria, CAPD de Redondela e CAPD de A Coruña.
4. Petición de EPIs “homologados”.
CSIF pregunta a S.X. se saben que dotación de EPIs teñen os centros da Consellería de Política Social.
Resposta da Secretaria Xeral Técnica:.
“Sabemos os que nos piden…”
CSIF traslada que os centros están subsistindo con material que compraron , doazóns de empresas privadas, concellos, Inditex… e algo que subministra o SERGAS.
Tamén traslado que os EPIs “homologados” que son utilizados en centros como Campolongo…. son batas feitas con bolsas do lixo cosidas (falta patente), ou no CRAPD de Vigo que para entrar nas unidades de COVID-19 estanse a usar buzos doados por Coren e bolsas do lixo.
A Secretaria Xeral Técnica responde:
O material cómprao o SERGAS, e distribúeo Clonegal. É moi difícil conseguir que o SERGAS nos de EPIs, consideran que a petición que facemos para os nosos centros é desmedida e non nolos proporcionan. O SERGAS valora e actúa en función dos seus protocolos e en Política Social seguimos as indicacións do Ministerio de Sanidade.
No caso dos Centros Integrados como Porta do Camiño, os EPIs tenos que subministrar o SERGAS, en concreto segundo medicina preventiva envíanlle os subminístros para cada día.
Comunicamos que a día de hoxe en Porta do Camiño o persoal xerocultor, que é derivado de Política Social e, polo tanto, tería que utilizar, segundo o protocolo de sanidade e a avaliación de riscos biolóxicos elaborado polo servicio de prevención de riscos da Xunta, como mínimo mascarillas con filtro FFP2 e están utilizando mascarillas cirúrxicas.
Resposta do Técnico de Riscos:
Vaise facer neste centro una coordinación de actividades empresariais, onde se vai insistir que ás traballadoras derivadas de Política Social lles proporcionen os EPIs que se aconsellan na nosa evaluación de riscos, sexan xerocultoras ou camareiras.
5. Vacacións.
CSIF pregunta como se vai acometer a contratación para a cobertura das vacacións.
Resposta do Subdirector de Persoal:
“As vacacións daranse en función de como evolucionen as cousas…”
Csif solicita que se lle de a opción ás traballadoras de 1/2 xornada e de fin de semana para a cobertura das vacacións.
6. Petición de información
CSIF solicita información actualizada da situación e evolución de casos positivos nos centros desta consellería.
Resposta da S.X.
Vaise dar información actualizada semanalmente sobre os casos, disgregada por centros e categorías profesionais.