Seguen as mobilizacións na Consellería de Política Social

Fabiola García opta pola confrontación en vez de abrir a mesa de negociación para a recuperación dos dereitos recortados no 2012.

Este foi o terceiro xoves de concentracións do persoal dos centros de atención directa a usuarios (residencias de maiores, centros de menores, centros de atención a discapacitados, centros residenciais, etc….), que foron duramente afectados pola crise sanitaria do coronavirus pola súa especial vulnerabilidade tanto polas persoas usuarias as que prestan servizo como polo persoal traballador que conviven nos mesmos.

Lamentablemente e a pesar de que cada xoves se incrementa a participación do persoal nas concentracións, a Consellería de Política Social sigue facendo oídos xordos as xustas reivindicacións do persoal, que levan cos dereitos laborais recortados desde o ano 2012.

Parece que de pouco serviu que o persoal dos centros de menores, centros de atención a discapacidade ou residencias de maiores dependentes da Consellería de Política Social, actuasen desde o primeiro momento coa máxima dedicación, compromiso e profesionalidade para intentar frear a afección da pandemia, porque a Sr. Fabiola García, aínda non tivo sequera cinco minutos, para recibir aos representantes destes traballadores/as.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, de maneira conxunta, reclamamos:

–        Unha aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade

–        O incremento de prazas públicas e de xestión directa

–        A recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados.

–        A transformación de tódolos contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa.

–        A posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria e a mellora das condicións laborais.

Si non se produce esa interlocución e negociación, imos manter o calendario de mobilizacións e accións de protesta, para defender as xustas reivindicacións laborais do persoal que traballa nos centros de atención directa a usuarios, dependentes desta consellería, pois esta sendo discriminado fronte a outros colectivos que si se lles compensan os domingos e festivos traballados, que si  teñen redución da xornada máxima anual por traballar de noite ou mesmo se lles recoñecen dias adicionais de descanso por traballar en dias especialmente significativos.

 Poren este xoves día 11 de xuño, de 11:00 a 11:30 horas, volveron a celebrarse concentracións diante de tódolos centros de atención directa a usuarios da Consellería de Política Social, e o próximo xoves día 18 continuarán, e así durante todos os xoves do mes de xuño, sen desbotar mantelas, si non hai resposta da Consellería de Política Social,  durante todo o mes de xullo.

Consulta aquí a galería de fotos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.