Nota informativa Comité Intercentros da Xunta de Galicia do día 30 de xuño de 2020

Nota Informativa do Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia. Sesión do día 30 de xuño de 2020.

1.Quedan aprobadas as actas nº 3 e nº 4.

2.Escritos recibidos.

-Recibimos escrito do Comité de Política Social da Coruña, no que propón que  como remate das mobilizacións de Política Social diante dos centros, se faga unha concentración en Compostela.

Acordamos apoiar as convocatorias de mobilización e sinaturas que xa organizaron as catro centrais sindicais.

3.Concurso de traslados do persoal laboral

Acordamos remitir escrito a Función Pública solicitando que se leve a cabo o concurso de traslados do persoal laboral

4.Tomas de posesión de promoción interna. No mesmo senso que o punto anterior , o persoal laboral de promoción interna está pendente das tomas de posesión. Xa fai máis de tres anos destas convocatorias e aínda non se sabe cando van tomar posesión nas prazas superadas polo proceso selectivo.

Acordamos enviar escrito a función Pública e solicitar unha xuntanza para tratar este tema, o concurso de traslados e o restablecemento do  dereito ao comedor.

5.Reasignacion de efectivos

Acordamos solicitar a Consellería de Política Social documento onde se reflexe o número de efectivos desprazados así como as xornadas realizadas, xa que moitos traballadores/as non se lle respectou o tempo de descanso nin o traballar fin de semana alternos.

6.Contratos fin de semana

Acordamos solicitar que se amplíen todos os contratos de fin de semana a xornada completa, hai necesidade de persoal  en tódolos centros e esta é unha forma de suplir ás múltiples carencias.

7.X en carteleiras

Reenviamos escrito a Política Social  solicitando que muden a maneira de computar as X nas carteleiras no período vacacional.

8.Asuntos de trámite.

Tendo coñecemento que aos traballadores/as das escolas infantís negáronlle o teletraballo naqueles casos  nos que noutras consellerías se ampliou ata o 28 de xullo así como ao persoal de centros de atención a muller non percibiron o complemento COVID (cando o seu traballo foi desenrolado de maneira presencial), acordamos remitir escrito solicitando que se prorrogue o teletraballo a todo o persoal que o precise dependente de calquera consellería, así como que se realice o pago do complemento COVID ao persoal dos centros que se mantiveron abertos dependentes de Política Social.