CSIF solicita un protocolo específico de medidas fronte ao Covid-19 para o persoal laboral dos Centros de Ensino

CSIF insta á Conselleria de Educación a que non discrimine ao persoal de limpeza, de cociña, coidadores e intérpretes de linguaxe de signos e solicita de forma inmediata e urxente que lles traslade as medidas que se pretenden adoptar fronte ao Covid-19 nos centros de ensino non universitario.

Ademais, CSIF propón que se elabore un protocolo especializado para estas categorías laborais xa que abranguen actividades profesionais que pola súa especificade e particularidade (contacto moi estreito co alumnado, manipulación de alimentos, actividades de desinfección, etc) requiren inevitablemente dunhas medidas preventivas tamén moi específicas e concretas, así como dunha información e de selo caso formación especializada.

Co mesmo carácter de urxencia, solicítase que se proceda á constitución e convocatoria de todos os comités de seguridade e saúde laboral da Consellería de Educación conformados polo persoal docente e non docente, para dar a coñecer as medidas integrais que se adoptan neste ámbito e facer un seguimento continuo destas.

Descarga aquí o Escrito da CSIF á Consellería de Educación