Teletraballo: Imponse a modalidade de traballo presencial.

O Director de Función Pública rectifica as manifestacións do Director de Avaliación e Reforma Administrativa feitas no Parlamento de Galicia.

“En el nuevo escenario derivado de la pandemia de la covid-19, las administraciones deben de redefinir un nuevo modelo de teletrabajo con medidas que mejoren la organización, facilitando fórmulas de conciliación familiar, y que garanticen al mismo tiempo el desarrollo eficaz de los servicios públicos”. Estas foron as declaracións do Director Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia.

Pola contra, o Director Xeral de Función Pública, na reunión celebrada na mañana de hoxe, afirmou que a modalidade preferente de traballo era a presencial. Contradicindo desta maneira as manifestacións do Director de Avaliación e Reforma Administrativa, a pesar de pertencer ambos á Consellería de Facenda.

Sen apenas entrar no debate das alegacións presentadas polas organizacións sindicais, a reunión de hoxe unicamente serviu para facer un posicionamento xeral das diversas posturas.

CSIF insistiu en que a regulación do teletraballo tiña que adaptarse necesariamente a situación sanitaria actual que, segundo todos os indicadores, ten vocación de permanencia durante bastante tempo. Unicamente cando se recupere a situación anterior a marzo de 2020, é cando se pode facer unha regulación ordinaria do réxime de teletraballo.

En tanto esto non sexa así, o teletraballo tense que orientar a unha implantación xeneralizada como forma ordinaria de organización do traballo. E facerse da maneira menos restritiva posible, tanto no que se refire a xornadas como a traballadores que se poidan beneficiar, facilitando a conciliación da vida familiar e laboral.

Pero a reunión de esta mañana serviu tamén para que os sindicatos amarelos pechasen filas cos posicionamentos restritivos do Director Xeral.

Para CCOO, o teletraballo require unha regulación ordinaria, ao marxe da situación sanitaria na que estamos inmeros.

Pola súa parte, UGT defendeu como opción prioritaria a presencial, facendo fincapé en que así se recolla expresamente no documento. Así mesmo, defendeu a implantación dunha xornada obrigatoria de teletraballo establecida entre as 9:30 horas e as 13:00 horas. Ademáis, apostou por que a acreditación dos coñecementos necesarios para poder teletraballar fose mediante a posesión do certificado de competencias dixitais (Codix) expedido por Amtega. É dicir, unicamente poderían beneficiarse do teletraballo aqueles empregados que dispuxeran do dito certificado.

O Director de Función Pública comprometeuse a enviar mañana martes un novo documento no que se recollerían algunhas das alegacións das organizacións sindicais.

Pero todo elo sobre a premisa xa anunciada da preferencia do traballo presencial sobre a modalidade do teletraballo.