OPE 2020. De novo, os funcionarios de carreira os grandes «puteados» pola Xunta de Galicia, CCOO e UGT

Os funcionarios seguen a pagar as consecuencias do indecente Acordo de concertación do emprego público, asinado por CCOO e UGT

Coa Oferta de Emprego Público para o ano 2020, os funcionarios volven a perder, un ano máis, a oportunidade de ver cumpridas as súas expectativas de promocionar.

As prazas convocadas para ser cubertas mediante promoción interna non están limitadas pola taxa de reposición. Polo tanto, é posible convocar todas as prazas abertas a varios subgrupos.

Non obstante, Facenda, mantén o seu empeño en dificultar a promoción profesional dos seus funcionarios. E para elo conta co apoio incondicional de CCOO e UGT.

Para estes sindicatos, non só é mais que suficiente o número de prazas ofertadas para promoción interna na OPE 2020 senón que, ademais, lles parece insultante que CSIF defenda un incremento do número de prazas, así como unha simplificación dos procesos.

Así, tanto a Facenda como a CCOO e UGT lles parece perfecto que nos procesos anteriores de Promoción Interna quedasen prazas sen cubrir, xa que así se poden incluir nesta OPE.

E consideran normal que, por exemplo, no subgrupo A1 quedaran sen cubrir 21 prazas das 44 convocadas. E que no subgrupo C2, foran 48 prazas dun total de 106, as que quedaron se cubrir.

E a pesares deste descalabro, CCOO e UGT fan pinza con Función Pública para impedir que os procesos de promoción interna dos funcionarios teñan o mesmo modelo, tanto en número de prazas, temarios, así como nos tipos de exercicios, que as promocións internas doutros colectivos que tamén dependen de Facenda.

Nunca deberemos de esquecer que todo isto é consecuencia directa do Acordo de concertación do emprego público de Galicia, asinado por CCOO e UGT coa Xunta de Galicia. Un acordo que tiña como unha das súas principais liñas, a limitación da promoción profesional e económica dos funcionarios de carreira da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Consulta a continuación a documentación relativa a OPE 2020.

Preme aquí: OPE 2020

Preme aquí: Anexo de prazas a convocar

Preme aqui: Decreto OEP 2020 Lei 17_1989

Preme aquí: Anexo prazas a convocar

Preme aquí: modificación anexo categorías