Buzón de postos para elección destino Aux. Enfermaría IV-003 e Camareira/o V-001

Dende Función pública acaban de comunícarnos que con data de hoxe ata o prazo de dez días podemos iniciar as oportunas alegacións dos seguintes procesos selectivos correspondentes a promoción interna e de acceso das seguintes categorías dos grupos IV e V para o ingreso de persoal laboral fixo do V Convenio:

  • AUXILIAR DE ENFERMARÍA

Orde do 18 de setembro de 2017 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. (DOG 25.9.2017)

Preme aquí: Buzón de postos AUX. ENFERMARIA

  • CAMAREIRO/A-LIMPADOR/A; AXUDANTE/A DE COCIÑA

Orde do 18 de setembro de 2017 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a // axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. (DOG 25.9.2017)

Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta d e Galicia. (DOG 7.3.2018)

Preme aquí: Buzón de postos CAMAREIRO/A LIMPADOR/A; AXUD. COCIÑA