O sindicato esixe a Facenda que exerza as súas funcións de coordinación de todas as consellerías, co fin de garantir o establecemento do teletraballo para todos os empregados públicos.
A día de hoxe, a maioría dos concellos galegos atópase en risco extremo por superar os 250 positivos por 100.000 habitantes. De feito, son xa 115 municipios os que están sometidos a restricións máximas.
A situación sanitaria actual é peor que a do pasado mes de marzo, cando a Xunta decretou o teletraballo xeneralizado para todos os empregados públicos. E as previsións a curto prazo non son nada esperanzadoras. De feito, o propio Presidente da Xunta de Galicia ven de anunciar o endurecemento das restricións en toda Galicia.
É máis, o pasado 12 de enero, era o propio Alberto Núñez o que recomendaba aos galegos recuperar o teletraballo.
Sen embargo, na Administración Xeral da Xunta de Galicia, lonxe de dar exemplo e volver a restablecer o teletraballo de modo xeralizado como no mes de marzo de 2020, impera a desorganización, quedando ao criterio de cada Secretario Xeral o establecemento do traballo a distancia.
Caos organizativo na Xunta de Galicia.
De feito, na propia sede da Xunta de Galicia, no edificio administrativo de San Caetano, a desorganización é tal que hai consellería nas que xa hai días nos que os funcionarios están traballando baixo a modalidade de teletraballo, mentres que a outros funcionarios que comparten as mesmas instalacións se lles está negando tal posibilidade por depender doutra consellería.
E todo elo, cando xa hai unidades administrativas da Administración Autonómica nas que o 75% dos seus traballadores deron positivo en Covid-19.
Por isto, CSIF esixe a Facenda, por ser a Consellería competente en materia de Función Pública, que coordine con todas as consellerías, así como cos entes instrumentais, a implantación do teletraballo con carácter xeral e extraordinario por motivo Covid-19 en tanto se manteña a grave situación epidemiolóxica.