Medidas especiais en materia de listas de contratación de persoal laboral temporal ou de persoal funcionario interino derivadas da situación de emerxencia sanitaria.
A modificación ten vixencia limitada á duración da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.
O Diario Oficial de Galicia publica, no día de hoxe, a LEI 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, que recolle, entre outras cuestións, unha modificación das condición establecidas no Decreto 37/2006 de listas de contratación en relación có prazo de penalización e a solicitude de reincorporación formulada polas persoas integrantes das listas que solicitasen previamente a suspensión das citacións. Esta norma entra en vigor mañá, 30 de xaneiro de 2021.
En concreto, a nova lei establece:
- O período de penalización nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia terá unha duración de seis meses. (ANTES A PENALIZACIÓN ERA DUN ANO)
- A solicitude de reincorporación formulada polas persoas integrantes das listas que solicitasen previamente a suspensión das citacións, por non estaren prestando servizos a través delas, producirá efectos ao día seguinte ao da súa presentación. (ANTES PRODUCÍA EFECTOS AOS DEZ DIAS)